Día: mércores 16 de novembro.
Hora: 20:00 h.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo), a cargo do enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez.
O enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez reflexionará sobre a enerxía desde un punto de vista histórico. Desde a situación actual de Galicia como exportadora de enerxía eléctrica, realizará unha revisión do sistema enerxético galego, principalmente nos séculos XX e XXI, tanto en esquemas de xeración como na participación de empresas, locais primeiro e logo de fóra, coa incidencia ambiental e social derivada do anterior. Emilio Menéndez Pérez é doutor Enxeñeiro de Minas. Foi Subdirector de I+D de Endesa e Profesor Honorario de Universidade.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo da sala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario