Desde o ano 1997, cada 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. Unha efeméride que busca resaltar a súa importancia para a historia como resgardo da cultura e dos seus escritos, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Este ano céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos que se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios/as.
Nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, co obxectivo de festexar esta conmemoración, do 21 ao 28 de outubro realizaremos diversas actividades relacionadas coas bibliotecas.
- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Pílulas para sandar diversos tipos de doenzas
Ofrecemos unha escolla de novelas que poden curar oito tipos de doenzas. "Prescribimos” tres novelas por padecemento. As nosas presentacións, rústica, cartoné e dixital, producen idénticos beneficios. Iso si, poden darse adiccións, que nos casos máis graves cursan con insomnio. Temos a nosa botica lista con Relatox forte para o mal de amores, Novelina para a mitomanía, Contofol para a astenia outoniza, Letera para o trastorno carencial, Palabratal para o repouso obrigado, etc.
Biblio-novidades para todas as idades
Boletín de novidades con suxestións de libros para todas as idades. Presentamos unha selección de títulos de obras literarias, coñecementos e banda deseñada, para divertir e emocionar, reflexionar e aprender. Animamos a todas as persoas a que visiten a biblioteca, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.
Contacontos Rato Canguro, a cargo de Trinke Trinke Teatro
O 27 de outubro, ás 18:30 h, contacontos Rato Canguro, a cargo de Trinke Trinke Teatro, para nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Bibliotecas, sustentos de palabras
Exposición de libros escritos por autores/as que foron bibliotecarios/as. Escritores e escritoras que compaxinaron,polo menos nalgún momento da súa vida, a escritura co seu traballo nunha biblioteca.
Persoeiros como Borges, Lewis Carrol, Goethe, os irmáns Grimm, Rubén Darío, Marcel Proust, Stephen King, María Moliner, León Felipe, Vargas Llosa ou Gloria Fuertes, forman parte dese elenco que consideraban o seu traballo coma un paraíso. Porque, que mellor profesión para un autor ou autora que unha que lle permita pasarse o día entre libros, aínda que non sexan os seus? Imaxina entrar nunha biblioteca e que te atende o mesmísimo Stephen King!! En 1969 iso era posible.
Contos na lareira, a cargo de Iván Davila
O 26 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado Contos na lareira, a cargo de Iván Davila, para nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
O mellor acubillo, a biblioteca
Mostra bibliográfica con libros de ficción para adultos/as con temáticas referentes a bibliotecas ou ambientadas nelas.
Contacontos Fíos de contos, a cargo de O Maquinista
O 21 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado Fíos de contos, a cargo de O Maquinista, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
Exposición Fíos de contos
Exposición de contos que xiran en torno á imaxinación e á fantasía relacionados co contacontos.
- Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros.

A mostra bibliográfica Biblio-cóidate, con libros de literatura para todas as idades, pretende facilitar o acceso a unha lectura que acompaña, que entretén e enriquece. Que nos fai a vida máis agradable.
Contacontos Princesos e principetas, a cargo de Raquel Galavís
O 25 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado Princesos e principetas, a cargo de Raquel Galavís, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
Marcapáxinas para colorear
Para o público infantil repartiremos marcapáxinas para colorear conmemorativos do Día da Biblioteca.
- Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
Biblioterapia: lecturas para coidar a mente e o corazón
Mostra bibliográfica de literatura infantil e xuvenil con libros que divirten e axudan a coidar a mente e o corazón.
Pasatempos
As nenas e nenos poderán realizar diversos pasatempos relacionados co mundo da biblioteca.
Contacontos Os ratiños da caixa, a cargo de Trinke Trinke Teatro
O 24 de outubro, ás 18:30 h, contacontos Os ratiños da caixa, a cargo de Trinke Trinke Teatro, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
LibrosLibres
Liberación de libros procedentes de doazóns, de agasallo para os visitantes da biblioteca. Estarán colocados no vestíbulo da biblioteca e cada persoa poderá levar o que queira. Son libros usados pero todos en bo estado.
- Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
BibliomostraMostra bibliográfica de literatura infantil con obras que falan de bibliotecas ou de bibliotecarios/as.

Encrucillado
As nenas e nenos poderán realizar un encrucillado relacionado co mundo da biblioteca.
Contando números, cantando cores, a cargo de Pablo Díaz
O 28 de outubro, ás 18:30 h, contacontos e mini-concerto titulado Contando números, cantando cores, a cargo de Pablo Díaz, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Obradoiro de decoración de marcapáxinas
Actividade dirixida ao público infantil que consiste na decoración de diferentes marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas.
As bibliotecas como protagonistas
Mostra bibliográfica na que se expoñerán libros de adult@s e infantís nos que as biblitoecas sexan as protagonistas.
Contacontos A memoria das estrelas, a cargo de Raquel Galavís
O 27 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado A memoria das estrelas, a cargo de Raquel Galavís, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario