11/3/22

Recomendacións en Radioleiros: 11 marzo 2022

- Infantil (a partir de 5 anos):

Princesa Kevin, texto de Michaël Escoffier e ilustración de Roland Garrigue
Edelvives

Kevin ten moi claro cal será o seu disfrace para a festa da escola. Un conto para rachar con estereotipos de xénero.

- Mozas/os e adultas/os:

El colibrí, de Sandro Veronesi
Anagrama

O protagonista desta novela é o doutor Marco Carrera, oftalmólogo que exerce en Roma, ao que súa nai chamaba de neno colibrí pola súa escasa estatura.

A historia comeza coa visita inesperada do psicoanalista da súa esposa que, saltándose o segredo profesional para evitar un desastre peor, advírteo de que ela coñece o segredo que garda desde hai moito tempo. A partir de aí imos coñecendo a historia da súa vida e a da súa familia. Unha historia chea de infortunios e calamidades, pero, Marco Carrera, ao igual que o colibrí, ten unha gran habilidade para manterse en alto a pesar das adversidades...

Unha fermosa e emocionante novela sobre a dor, o amor e a necesidade de mirar cara o futuro con esperanza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario