No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 10 de marzo, ás 20:00 h., terá lugar a presentación da obra "Non debeu faltar" de José Lorenzo Tomé.
Acto no que intervirán o autor, a profesora de Lingua Francesa Carmen Ares Noya e a profesora de Lingua Castelá e Literatura Esther Lorenzo García.
José Lorenzo Tomé é escritor e filósofo. Doutor en Filosofía e licenciado en Bioloxía. Exerceu como profesor de filosofía en diversos institutos de Galicia. Como autor, ademais desta obra, tamén ten publicado en narrativa libros como Bergan, Alma: un sopro de aire fresco, Delourando os días e A cidade branca e en ensaio Jürgen Habermas, Las identidades: las identidades morales y políticas en la obra de Jürgen Habermas, O silencio dos deuses: filosofía e literatura e Theodor W. Adorno: el rescate de la felicidad.
"Non debeu faltar" preséntanos o amor como un dos feitos máis extraordinarios da condición humana, pero a veces ese amor é declarado ilegal e os amantes son perseguidos, renovándose deste xeito a historia do amor condenado e prohibido. A resistencia e convicción, xunto coa lealdade dos amigos, provocará unha loita máis a favor do coñecemento e da liberdade. Unha novela que analiza o sentido da vida xunto coa reflexión sobre a inxustiza.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19 será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario