Teño oito anos e quero ser youtuber, de Xoán Babarro con ilustracións de Luz Beloso
Galaxia, 2019
Antón soña con ser "youtuber". Dado o novo que é, unha profesora axúdalle a comezar na escrita con moitísima imaxinación. Libro que conecta co mundo nos nenos e magnificamente ilustrado por Luz Beloso.
- Mozas/os e adultas/os:
Ámsterdam: historia de la ciudad más liberal del mundo, de Russell Shorto
Katz, 2016
Partindo dunhas circunstancias xeográficas moi complexas, Ámsterdam pasou de ser unha pequena cidade a un dos centros de comercio e finanzas máis importantes do mundo. Unha evolución de séculos na que vemos pasar espíritu innovador, tolerancia relixiosa e moita iniciativa non exentas de conflitos internos e con terceiros.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario