Sabela Gago ten un amplísimo currículo como actriz teatral e audiovisual, docente e directora de espectáculos e narradora oral. Pertence a
Sarabela Teatro, grupo que leva corenta anos facendo teatro porque
"por unha banda, é unha necesidade vital, e, por outra, a paixón inevitable dun grupo de exploradores, aquelas e aqueles que decidimos vivir coa “alta vixilia do poeta”. Hoxe,
Sabela, ofrécenos o conto
"Dez xoaniñas" do fermoso libro de
Xoán Babarro "Dez eran dez", que temos ao teu dispor nas nosas bibliotecas. Recibe o estupendo agasallo que nos fai Sabela e que che facemos chegar a través do noso
blog e a
web municipal. Este
vídeo proponos unha divertida
actividade plástica para facer despois da contada, anímaste? Moitas grazas, Sabela!
Seguimos gozando coa narración de contos, seguimos gozando coas historias lindas das-dos nosas-os contadoras-es!
No hay comentarios:
Publicar un comentario