16/4/20

Grazas pola túa literatura, Sepúlveda ! #EuQuedoNaCasa

https://youtu.be/bQu7N_LKu7Y
Aló por 2009 recomendabamos na emisora municipal Radioleiros a novela "La lámpara de Aladino" de Luis Sepúlveda. O escritor chileno que vivía desde 1997 en Xixón, finou hoxe vítima do coronavirus. Sepúlveda escribíu máis de vinte novelas, libros de viaxes, guións ... Marchou do seu país natal en 1977 tras ser represaliado pola ditadura de Pinochet. 
Despois dun periplo por varios países de América Latina, ficou en Asturias. "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar" foi adaptada ao cine e en versión animada. "Un viejo que leía novelas de amor" foi dirixida polo realizador australiano Rolf de Herr. Deixamos nesta ligazón unha pequena entrevista en agosto de 2019 na Feira do Livro de Lisboa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario