16/4/20

Poñemos a máscara... de mergullo e viaxamos ao fondo mariño! #EuQuedoNaCasa

https://ecologiaazul.com
A Asociación Ecoloxía Azul é unha asociación de divulgación científica, especialmente enfocada á bioloxía e a ecoloxía mariña, a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento sostible. Para os seus estudos, realizan mergullos en rías, mares, océanos, lagos, ríos, publican artigos de divulgación científica en diferentes medios e fan extraordinarias fotografías e documentais como o espectacular “Un espectador vulnerable” que ten ao polbo como protagonista nas súas zonas de reprodución e crecemento das illas Cíes. 
Coñece máis deste fascinante animal que posúe un cerebro que lle permite funcionar coa intelixencia dun vertebrado inferior, ter a mobilidade dun peixe, é capaz de aprender, ten memoria e acumula experiencia... 
Ecoloxía Azul está constituída por Gonzalo Mucientes, David Villegas e Alex Alonso, biólogos, mergulladores, naturalistas, exploradores, investigadores incansables dos ecosistemas mariños, e un importante grupo de colaboradoras-es... Grazas a todas-os elas-es polo seu infatigable traballo e ao Colexio Oficial de Biólogos de Galicia por dárnolos a coñecer! 
Suxerímosche a lectura de "O neno mariñeiro" de Bernardino Graña, novela de carácter autobiográfico coa vila mariñeira do Morrazo ao fondo, e "Illas a sotavento" de Henrique Dacosta. As-os máis novas-os, probade "El libro de los animales misteriosos" de Lothar Frenz. Vaivos sorprender! Todos en GaliciaLe.
#EuQuedoNaCasa #yomequedoencasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario