24/9/19

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 25 de setembro

https://drive.google.com/file/d/10mWg1_XNlBfe6TD7wAxZlL21iFcnV0sQ/viewBIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
Inscrición: desde o mércores 25 de setembro ás 8,15 h.*

Como inscribirse:
- En liña na web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) en horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituen o grupo A e as 20 seguintes o grupo B.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ
Inscrición: desde o mércores 25 de setembro ás 10 h.*

Como inscribirse:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituen o grupo A e as 20 seguintes o grupo B.

As/os solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
IMPORTANTE: Inscrición en liña dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.



Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Datas de inicio da actividade:
- Grupo A de Rialeda: mércores 9 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo B de Rialeda: mércores 16 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo A de Santa Cruz: martes 15 de outubro, das 17,30 ás 19 h
- Grupo B de Santa Cruz: martes 22 de outubro, das 17,30 ás 19 h

Sesións quincenais. A actividade remata no mes de xuño de 2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario