27/9/19

Recomendacións en Radioleiros: 27 setembro 2019

https://youtu.be/z56VtOdUEnQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=momento+perfecto+susanna+isern&branch_group_limit_txt=&branch_group_limit=- Infantil (de 3 a 6 anos): 

O momento perfecto, de Susanna Isern e ilustrado por Marco Somá
La Fragatina

Esquío é a protagonista. Unha mañá atopa na súa taza de avelás unha carta que a fai prepararse a toda presa e saír da casa. Polo camiño vai atopando outros animais do bosque que lle piden axuda antes de chegar a ese lugar que descoñecemos. Esquío cumpre todos os encargos con amabilidade, ata chegar ao seu destino.

Un precioso álbum ilustrado para desfrutar dunha historia que transmite calidez e agarimo, unha historia de amizade, xenerosidade e maternidade.

- Mozas/os e adultas/os:

La mujer de Martin Guerre, de Janet Lewis
Reino de Redonda

Janet Lewis profundiza con esta novela nun caso real que sucedeu na Francia do século XVI e que tamén cita Montaigne nun dos seus ensaios.

Bertrand casa con Martin Guerre cando son apenas uns nenos nun enlace amañado entre familias. Martin abandona a casa familiar en busca de fortuna propia e cando volve a felicidade de Bertrand vese ensombrecida pola sospeita de que a identidade de Martin está a ser suplantada.

Conciencia, moral e sufrimento danse cita nun relato intensamente psicolóxico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario