19/10/18

Recomendacións en Radioleiros: 19 outubro 2018

https://spark.adobe.com/video/Z119sZu7buEIdhttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1357940- Xuvenil (nenas-os a partir de 12 anos):
"Frida" ilustrado por Benjamin Lacombe, texto de Sébastien Perez. En Edelvives.
A través da técnica do troquelado do papel con ilustracións superpostas que a-o lectora-lector pode cambiar ao seu antollo, este álbum constrúe a vida de Frida Khalo. Os autores crearon o albúm ao redor de nove temas que consideran como a columna vertebral da vida e obra de Frida: o accidente, a medicina, a terra, a fauna, o amor, a morte, a maternidade, a columna rota e a posteridade, simboloxía que aparece tamén no seu cadro "El venado herido”, nove frechas, nove puntas de cornos, nove ramas…
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1466081- Mozas-os e adultas-os:
"Senlleiras" de Antía Yáñez. En Galaxia.
Dúas mulleres, Alana e Alda, dous secúlos, pero as mesmas manipulacións e os mesmos sometementos pola sociedade patriarcal que as rodea. Elas, antes e agora, calan e asumen a súa suposta inferioridade e dependencia. A partir do suposto suicidio dunha famosa
influencer, cóntase unha historia de paralelismos entre a sociedade patriarcal de onte e a de hoxe, que demostra que aínda que algunhas cousas cambiaron, non son suficientes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario