7/9/18

Recomendacións en Radioleiros: 7 setembro 2018

https://www.ivoox.com/28762225
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1330663&viewallitems=1&offset=0&homebranch=&ob=branchname&sb=AS
- Infantil (menores de 6 anos):
"O un era Xoán: un libro para contar" de Maurice Sendak; versión de Xosé Ballesteros. En Kalandraka.
Orixinal libro sobre os números no que do un ao dez vanse sumando personaxes e acontecementos. Publicado orixinariamente no 1962, parte da lectura como algo individual no que Xoán e varios personaxes animais (rato, gato, can, tartaruga… ) xúntanse nun xogo numérico e visual. Un libro con moi pouco texto para as-os máis novas-os e tamén para todos os demáis.
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1234481&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20monarca%20de%20las%20sombras- Mozas-os e adultas-os:
"El monarca de las sombras" de Javier Cercas. Editado por Random House.
Da man do sempre interesante Javier Cercas, un novo libro que xunta a investigación histórica e a literatura na figura do seu tío avó Manuel Cercas. Un protagonista da Guerra Civil, voluntario do bando sublevado nun pequeno pobo extremeño e morto na batalla do Ebro, que foi sempre unha persoa lembrada na familia e á vez, un episodio a superar. Un texto de grande calidade humana.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario