- Infantil - xuvenil:
"As terapias da doutora Ledicia" de Raquel Castro. Ilustracións de Almudena Aparicio. Editado por Galaxia.
Esta obra de teatro infantil desenvólvese na consulta da psicóloga Ledicia, quen axudada por Carolina, atenden con afán e agarimo os conflitos persoais das-dos estrafalarias-os e divertidas-os personaxes que acoden á súa consulta para unha sesión de risoterapia. O Home do Saco, o Apalpador, o Lobishome ou as tres Marías conformarán o plantel das-dos doentes da doutora. Unha hilarante comedia na que se recrea o poder curativo da alegría.

- Mozas-os e adultas-os:
"Entre cielo y tierra" de J.K. Stefánsson. En Salamandra.
Primeiro volume da triloxía “do rapaz”. Ambientada en pequenas aldeas do oeste de Islandia narra a historia dos seus mariñeiros a principios do século XX. A tristura pola perda dun ser querido e o poder de superación serán os seus argumentos principais xunto coas reflexións sobre a vida e a morte. Unha linguaxe traballada e moi rica en imaxes e metáforas para describir unha climatoloxía dura e implacable.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario