21/9/18

Recomendacións en Radioleiros: 21 setembro 2018

https://www.ivoox.com/28818614https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1438057- Infantil:
"Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés" de Mem Fox. Ilustracións de Helen Oxenbury. En Kalandraka.
Con frases curtas Mem Fox constrúe un relato para lembrarnos que todas-os somos iguais a pesar das apariencias externas. Con exemplos procedentes de diferentes zonas xeográficas, razas e sexos distintos e un ritmo propicio para a lectura ás-aos cativas-os, Fox tráenos esta mensaxe axudada polas magníficas ilustracións de Helen Oxenbury. Un texto perfecto para ler en voz alta cunhas imaxes moi expresivas que forman un conxunto do máis afortunado para estas primeiras idades.
- Mozas-os e adultas-os:
"Una vida prestada" de Berta Vias Mahou. Editado por Lumen.
Vias Mahou tráenos esta nova aportación ao mundo da novela biográfica co seu estilo característico e https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1421887&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20vida%20prestada
a calidade habitual. Nesta ocasión a escollida é Vivian Maier (1926-2009), fotógrafa norteamericana descoberta de xeito póstumo que traballou coidando nenas-os durante décadas en Nova Iorque e Chicago mentras facía fotos de xeito amateur que nunca deu a coñecer. O seu legado de arredor de 150.000 fotografías mostra a vida diaria dos barrios destas cidades a partir dos anos cincoenta até os oitenta, retratando persoas, animais, edificios, tendas, interiores de autobuses, cinemas, campañas políticas xunto a un feixe de autorretratos, sumando o que hoxe se considera unha das principais obras desta disciplina do século XX.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario