Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas, nenos e adolescentes. Nos meses de setembro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 37 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que as nenas, nenos e adolescentes visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Xa que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente.
Realizarase a programación de Ler conta moito, de contacontos para nenos/as de 1 a 3 anos, da Hora do conto dirixida a partir de 3 anos e de diversos obradoiros para distintas idades.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
A hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de narración de contos dirixidos a nenas e nenos menores de 11 anos. Nárranse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Tamén se levarán a cabo obradoiros de maxia, ilustración, realización de bolsas e mochilas, deseño de superheroes ou superheroinas, construción de pequenos foguetes espaciais, ecoloxía, libros ilustrados, como facer debuxos animados, etc.
Con todas estas actividades as nenas, nenos e adolescentes poderán fomentar a creatividade, divertirse e aprender con sinxelos experimentos, gozar e escoitar cos contacontos ou entreterse con talleres de maxia.

Os obxectivos que se intentan conseguir son a promoción da lectura, pero tamén que os/as participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Preténdese introducir ás nenas e aos nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais, pero tamén se distribuirá nas escolas infantís e nos colexios públicos de ensinanza primaria de Oleiros.
Na semana do 17 ao 21 de setembro terán lugar as seguintes actividades:

Todos os actos serán ás 18:30 agás a sesión na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera que terá lugar ás 17:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 17 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Os contos do chupete”
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “O xigante”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 19 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Leo Leíño
OBRADOIRO: “Maxia e libriños”
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 20 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos Aforo completo!!!
ARTISTA: Paco Nogueiras
CONCERTO: “Radio Bulebule”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 20 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Pallaso Piruleta
TÍTULO: “A aventura máxica na biblioteca”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 21 de setembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: O faiado de Nin
OBRADOIRO: “Deseño de bolsas/mochilas para lectoras/es”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 21 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Pablo Díaz
TÍTULO: “Cantacontos para bebés”
Algúns destes actos están incluídos

No hay comentarios:
Publicar un comentario