1/6/18

Recomendacións en Radioleiros: 1 de xuño 2018

https://youtu.be/GAThV7P5IkM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Nunca+ser%C3%A9+tu+h%C3%A9roe&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"Nunca seré tu héroe" de María Menéndez-Ponte. Editado por SM.
Andrés, o protagonista, heroe ao seu pesar desta historia, non só ten 15 anos, que xa por si só é un problemón… ten unha nai que só sabe dicirlle que estude, a cara inzada de acne, e para complicar máis a súa existencia, unha irmá máis pequena e un irmán máis vello, que se cre moi listo e que segundo Andrés, só serven para facerlle a vida imposible.
A gran afección de Andrés é o debuxo e a verdade é que non o fai nada mal, ten talento, pero a vida non lle pon as cousas doadas. A súa preocupación principal neste momento é a súa ex moza, que está saíndo co máis repelente, pelota e insoportable da clase, Jorge.

 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1233977- Mozas-os e adultas-os:
"A sociedade literaria e do pastel de pel de pataca de Guernsey" de Mary Ann Shaffer e Annie Barrows. En Rinoceronte.
Nun momento de baleiro literario, a escritora e xornalista británica Juliet Ashton, recibe en forma de agasallo postal, a carta dun descoñecido procedente da illa de Guernsey, ubicada no Canal da Mancha: un tal Dawsey, que lle pide a referencia dalgunha libraría que coñeza e que poida ter algunha outra obra de Charles Lamb, pois foi nun libro deste autor no que atopou o enderezo de Juliet, xa que na illa, tras a guerra, non queda ningún establecemento deste tipo onde atopar lecturas interesantes. A situación desperta a curiosidade de Juliet, que inicia con el unha fluída correspondencia que se extenderá ao resto das-dos membros da sociedade literaria creada na pequena illa durante a ocupación alemana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario