1/6/18

Maio(s) do 68: expo de libros sobre os '60 - '70 na Rialeda

https://photos.app.goo.gl/KY9Cp75i4zGtg17Y2
O maio do 68 implicou moitos cambios: decisivo para a transformación da Francia contemporánea; explosión de carácter internacional: Praga, México, Pekín, Berkeley, Berlín, Madrid, Santiago de Compostela... conxunción de crise universitaria e crise obreira, revolución transmitida en directo. Non foi un, se non moitos "maios", supuxo a presenza da palabra nas rúas, prazas, bares. Foi un maio lúdico, social, no que as-os xoves convírtense de vez en categoría política. O 68 cuestiona a guerra, o autoritarismo, a concepción clásica da familia, a universidade atrofiada…. Fala de liberación sexual, de novos movementos sociais, de cambios na esquerda… Como se podía ler nunha pintada na parisina Rue Rotrou, "A poesía está na rúa", e desde o 68 o mundo cambiou o paso e agromaron outros xeitos de concebir as relacións entre as persoas, individual e colectivamente.

Celebra o 50 aniversario do maio do 68 visitando a expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda que se completará, proximamente cunha mostra de cd e dvd.

No hay comentarios:

Publicar un comentario