18/3/14

Fina Casalderrey no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz



Xosefa Casalderrey Fraga (Fina Casalderrey) naceu no lugar de Pilarteiros, parroquia de Santo André de Xeve (Pontevedra), en agosto de 1951.

No ano 1991 deuse a coñecer coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Dende entón, publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores/as infantís ou xuvenís aos que lles hai que sumar máis de vinte historias recollidas en volumes colectivos.

No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos
de Lúa.

En relación co mundo do ensino, en 1996, publica Recursos teatrais para a expresión dramática na escola (7 pezas para representar).

Participou no informe da UNESCO de 1997 La educación encierra un tesoro.

Foi membro da directiva de Gálix dende setembro de 2001 ata xaneiro de 2004. Pertence ao PEN Club dende o 12 de xaneiro do ano 2008, e á AELG dende o 1 de xullo de 2009.

Desde novembro de 2013 forma parte da RAG (Real Academia Galega) como membro numerario. O seu discurso de ingreso levou por título: Viaxe á semente; dende os refachos do corazón ata onde habita o imaxinario.

Por dous artigos publicados no Diario de Pontevedra fóronlle concedidos os premios Puro Cora (2001) e o Fernández del Riego (2003).

Obras de Fina Casalderrey nas Bibliotecas de Oleiros.

Información sacada da páxina web da propia escritora:  http://fina.casalderrey.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario