19/3/14

Concerto de Najla Shami no Teatro As Torres: 20 de marzo

http://najlashami.com/
Dentro da programación de actividades organizadas por Bibloleiros relacionadas co Día da Muller, ofrecemos o concerto “Na língua que eu falo”, dedicado á figura de Rosalía de Castro, a cargo da cantante galego-palestina Najla Shami, o xoves 20 de marzo, ás 20 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz.

Najla Shami é unha cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, medrou entre Galicia e Kuwait. Estudou música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España.

No disco de Na lingua que eu falo afonda na obra da escritora Rosalía de Castro, cunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra. 
Un traballo no que a compositora galego-palestina procura o diálogo entre as súas orixes e as súas referencias actuais. 

Cunha sonoridade influenciada por estilos como o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos unha proposta con sons que percorren latitudes que van desde Galicia até o Brasil ou África.

No hay comentarios:

Publicar un comentario