15/5/12

Roteiro Cultural e Literario: inscrición aberta ata o 25 de maio

Sofia Casanova e as casas onde veraneou en Mera
Juana de Vega e o Pazo da Carballeira en Nós
María Casares e o Pazo do Río en Montrove


Os obxectivos que pretendemos conseguir son:
- Dar a coñecer diferentes mulleres ilustres que viviron no Concello de Oleiros.
- Mellorar o coñecemento de diferentes espazos do termo municipal de Oleiros.
- Promover a lectura.

Realizaremos o roteiro que consistirá no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas mulleres ilustres, como unha homenaxe a todas elas.

Terá lugar o día 30 de maio e comezaremos ás 9.30 horas no Castelo de Santa Cruz onde unha monitora do CEIDA falará de como estaba na época de Emilia Pardo Bazán, trasladarémonos a Mera á casa de veraneo da xornalista Sofía Casanova, posteriormente desprazámonos ao Pazo da Carballeira en Nós no que viviu a escritora Juana de Vega e onde nos recibirá o director da Fundación Juana de Vega  que explicará as funcións da mesma, para finalizar en Montrove no Pazo do Río onde pasou parte da súa infancia a actriz María Casares.

En todos estes lugares a presentación destas mulleres ilustres será realizada por alumnado de 1º de bacharelato.

En principio xa está confirmado que participará no roteiro ademais de alumnado do IES Miraflores, alumnado do Instituto Mª Casares e do Colexio Luis Seoane de Mera, aproximadamente 100 persoas, ás que se lles entregará a publicación realizada polo alumnado.

Tamén poderán asistir todas as persoas que o desexen.
Deberán apuntarse na Biblioteca Rialeda par ter praza nos autobuses.

DATA LÍMITE PARA APUNTARSE O VENRES, 25 DE MAIO

No hay comentarios:

Publicar un comentario