15/5/12

Obradoiro de Creación Literaria na Biblioteca Central Rialeda (10ª e derradeira sesión): martes 15 de maio

O día 15 de maio, ás 18.30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, terá lugar a sesión final do Obradoiro de creación literaria impartido polo escritor e profesor Xavier Seoane
Está dirixido a mozas/os (a partir de 15 anos) e adultas/os, realizarase os martes e terá unha duración de dez sesións. 
 
Foi unha iniciativa da Concellería de Cultura de Oleiros e da Asociación de Escritores en Lingua Galega coa que pretendeuse animar a escribir textos literarios mediante a manipulación de formas lingüísticas e a imitación de modelos expresivos da nosa tradición literaria, aos que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa propia creatividade.

Dende a Biblioteca Central Rialeda queremos dar as grazas a todos e todas as participantes e ao profesor Xavier Seoane.

IMPORTANTE: A actividade realízase no 2º andar da biblioteca. Durante a mesma quedan fora de servizo os ordenadores da citada sala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario