Desde as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecemos esta guía de lectura, formada por 308 recomendacións, cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd ou dvd son tamén un bo agasallo.
Gustaríanos contribuír a espertar o pracer que pode proporcionar a lectura dun libro de forma lúdica e animamos os pais, as nais, os irmáns maiores a que lles lean libros ás nenas e nenos máis pequenos. A mellor maneira de facer lectores/as é ofrecendo imaxes lectoras, que o neno ou a nena vexa o pai, a nai ou o irmán ler.
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de obras de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes gustos, intereses e preferencias. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir. Témolas nas nosas bibliotecas e pódense levar en préstamo.
Desexamos que todas as persoas poidan atopar algunha obra que lles guste!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario