A tempada de Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda chegou ao seu término. Con esta, xa son 13 tempadas seguidas nas que a fidelidade das nosas participantes fixoque o primeiro grupo inicial de 20 se ampliase a un segundo grupo doutras 20 que leva 3 anos en funcionamento.
Esta tempada, propuxéronse 28 obras de literatura internacional, hispana e galega. Realizáronse actividades para conmemorar o Día Internacional do Libro e o Día das Letras Galegas.
Os títulos que recibiron maior aceptación foron os seguintes:
Grupo A (13 títulos lidos)
1º) La fiesta del chivo, de Mario Vargas Llosa
2º) Tierra desacostumbrada, de Jhumpa Lahiri
3º) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout
4º) Memorial del convento, de José Saramago
Grupo B (15 títulos lidos)
1º) Enderezo descoñecido / Paradero desconocido, de Kressmann Taylor
2º) Suite francesa, de Irène Némirovsky
3º) Memorial del convento, de José Saramago
4º) Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro
Dende a Biblioteca Central Rialeda agradecemos a todas e todos os participantes que pasaron pola actividade ao longo destos últimos 13 anos e especialmente ás/aos que empezaron na pasada tempada, a súa fidelidade e o seu compromiso coa Tertulia Literaria. Elas e eles son quenes protagonizan e fan tertulia e en definitiva, quenes "fan" literatura.
As Tertulias Literarias, coordinadas pola xornalista e libreira Cecilia Martínez voltarán no mes de outubro. As persoas que participaron ao longo da tempada 2010-2011 teñen preferencia á hora de inscribirse a partires do mes de setembro. As restantes persoas interesadas entrarán a formar parte dunha lista de espera que se abrirá igualmente en setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario