O xoves, 26 de maio, visitarán a Biblioteca Central Rialeda 34 alumnos/as e unha docente do Ciclo Técnico Superior de Educación Infantil do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo.
Os/as rapaces/as deste ciclo educativo aproveitarán a visita á comarca de As Mariñas para coñecer o funcionamento da Escola Infantil "Fonte da Balsa" de Culleredo, a Escola Infantil "Santa María de Oza" do Barrio das Flores da Coruña e a Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Na nosa Biblioteca coñecerán como se desenvolve a programación, desenvolvemento e avaliación das actividades de animación á lectura que desde o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros diriximos aos/ás nenos/as menores de 6 anos.
BENVIDOS/AS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario