Títulos recomendados o venres 18 de marzo:
- Infantil (a partir de 11 anos):
"A filla do ladrón de bicicletas" de Teresa González Costa e ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, editado por Xerais (Premio Merlín de literatura Infantil 2010)
A filla do ladrón de bicicletas conta a historia dunha nena chamada Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e vive coa súa tía, dona Perfecta. Serafina quere ser equilibrista nun circo coa súa bicicleta, Celerífera, pero súa tía considera que andar en bicicleta non é elegante, senón que é unha extravagancia. Milo o amigo de Serafina e Elías (gran inventor e mecánico de bicicletas) terán que axudarlle porque pola vila corre un perigoso rumor. É unha obra divertida, chea de diálogos que combinan tenrura e humor e que nos presentan uns personaxes moi cercanos.
- Mozos-as e adultos-as:
"Grandes aventureras" de Alexandra Lapierre, en Blume.
Grandes aventureras é a biografía de trinta e unha mulleres, de diferentes nacionalidades, exploradoras de todo o mundo. Mulleres que decidiron viaxar, que abandonaron a súa casa e o seu país para coñecer outras terras e costumes, unhas que decidiron escribir e contar o que vían, outras que por amor abandonaron a súa pracenteira vida. Son moitas e moi diferentes, con distintos motivos e intereses. As grandes aventureiras son mulleres que querían ser xeógrafas, botánicas, etnólogas, antropólogas, etc. Libro de gran formato, con moitas ilustracións e fotografías de lectura amena é entretida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario