Con motivo da celebración do Día da Poesía o 21 de Marzo, na Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso” de Dorneda teremos as seguintes actividades dirixidas a todos os usuari@s.
“Dáme un verso"
Os-as usuarios-as terán que escribir un verso ou unha poesía que tanto pode ser copiada como da súa propia creación. Todos os versos aportados serán expostos en diferentes sitios da biblioteca. Realizarase ao longo de todo o mes de Marzo.
"Entendemos a poesía"
Partindo dunhas poesías que lles damos aos usuarios-as, teñen que lela e facer un debuxo alusivo ao tema do que trata. Con estes debuxos faremos unha exposición. Realizarase ao longo de todo o mes de Marzo.
“Exposición bibliográfica”
Selección de fondos para adultos e para o público infantil e xuvenil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario