8/2/10

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES nas Bibliotecas de Oleiros e Lorbé

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES
Nas Bibliotecas Públicas Municipais, "Manuel María" de Oleiros e "Xograr Mendiño" de Lorbé, celebramos o martes 9 de febreiro ás 18:30 un obradoiro de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.) . Divertirémonos ao tempo que saberemos máis da nosa cultura e etnografía.
Para nenas e nenos a partir de 7 anos.
Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20
Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!
Contacta nos teléfonos:
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" de Oleiros: 981 610 700
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé: 981 618 201

No hay comentarios:

Publicar un comentario