9/2/10

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES na Biblioteca de Santa Cruz

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES
Na Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, celebramos o mércores 10 de febreiro ás 18:30 un obradoiro de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.) . Divertirémonos ao tempo que saberemos máis da nosa cultura e etnografía.
Para nenas e nenos a partir de 7 anos.
Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20
Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!

Contacta no teléfono da Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: 981 626 338

No hay comentarios:

Publicar un comentario