
16/5/25
Día das Letras Galegas 2025 nas Bibliotecas Municipais

Recomendacións en Radioleiros: 16 maio 2025
14/5/25
Hora do conto e actividades infantís: 12 a 15 de maio 2025
12/5/25
13 de maio: Espectáculo poético-musical "Un idioma de música e tinta" con Yolanda Castaño e Isaac Garabatos
Yolanda Castaño é poeta, filóloga e unha activa xestora cultural, coa súa propia residencia para escritores-as na Coruña. Premio Nacional de Poesía (2023) e Premio da Crítica en lingua galega (2022) polo seu libro Materia. Entre as súas obras podemos destacar: A falsa autónoma, Vivimos no ciclo das erofanías, O libro da egoísta, Profundidade de campo, A segunda lingua, Elevar as pálpebras ou Delicia. Ademais dos citados, ten no seu haber outros premios literarios, como por exemplo: Premio da Cultura de Galicia (2023), Premio Irmandade do Libro a autora do ano (2014), Premio Fundación Novacaixagalicia (2013), Premio Ojo Crítico (2009), Premio Espiral Maior (2007), Premio Nacional da Crítica (1999).Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (12 a 14 maio 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 12 de maio. 19 a 20:30 h.
Comentario de "A esmorga", de Eduardo Blanco Amor. Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 13 de maio. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Cantigas populares galegas (escolma)". Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La felicidad conyugal" de Lev Tólstoi.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 13 de maio. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cantigas populares galegas (escolma)". Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El extranjero" de Albert Camus.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 14 de maio. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Os seres queridos" de Berta Dávila. Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ceniza en la boca" de Brenda Navarro.
Recomendacións en Radioleiros: 9 maio 2025
9/5/25
Ler para saber A CIENCIA: 9 de maio 2025
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.5/5/25
Hora do conto e actividades infantís: 7 a 9 de maio 2025
4/5/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (6 a 8 maio 2025)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 6 de maio. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cantigas populares galegas (escolma)". Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 7 de maio. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño. Celebramos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
- Xoves 8 de maio. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Ninguén queda" de Brais Lamela. Celebraos o Día das Letras Galegas.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
28/4/25
Hora do conto e actividades infantís: 28 a 30 de abril 2025
27/4/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (29 e 30 abril 2025)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 29 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Nada" de Carmen Laforet.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cantigas populares gallegas".
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 30 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Canción dulce" de Leila Slimani.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Os seres queridos" de Berta Dávila.
25/4/25
Recomendacións en Radioleiros: 25 abril 2025
Actividades de promoción da lectura: 28 a 30 abril 2025
24/4/25
Ler para saber A CIENCIA: 25 de abril 2025
23/4/25
24 de abril: "Ao faro". Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
"Paisaxe e faro: unha fascinación artística"
Xoves 24 de abril ás 11:00 h.
Saída desde o Paseo Balcón de Maianca, diante da Capela de Santa Ana. Mera
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:
Inscrición a partir do martes 15 abril ás 8:15 h.:
- En liña (recomendado).
- Teléfono 981 639 511 (Biblioteca Central Rialeda)
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.
Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.
Leranse fragmentos e poemas de:

Olga Novo (Feliz idade)
Berta Dávila (Os seres queridos)
Mar García Puig (La historia de los vertebrados)
Charlotte Perkins (El papel pintado amarillo)
Alessandro Baricco (Océano Mar)
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)
Silvia Salgado é unha autora catalá que reside en Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e cun posgrado en Xornalismo da Universidade Columbia de Nova York. Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
Coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.
Compaxina o seu traballo coa súa paixón pola fotografía.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!


.jpg)























