"Paisaxe e faro: unha fascinación artística"
Xoves 24 de abril ás 11:00 h.
Saída desde o Paseo Balcón de Maianca, diante da Capela de Santa Ana. Mera
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:
Inscrición a partir do martes 15 abril ás 8:15 h.:
- En liña (recomendado).
- Teléfono 981 639 511 (Biblioteca Central Rialeda)
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.
Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.
Leranse fragmentos e poemas de:

Olga Novo (Feliz idade)
Berta Dávila (Os seres queridos)
Mar García Puig (La historia de los vertebrados)
Charlotte Perkins (El papel pintado amarillo)
Alessandro Baricco (Océano Mar)
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)
Silvia Salgado é unha autora catalá que reside en Mera (Oleiros). Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona e cun posgrado en Xornalismo da Universidade Columbia de Nova York. Algunhas das súas obras publicadas son: Verde en el tejado, Mientras hilan las mariposas, La aldea, El intermedio que somos e Si te vuelves invierno.
Coordina os clubs de lectura das bibliotecas municipais de Oleiros, dirixe talleres de escritura creativa, colabora no Podcast "Érase una Red" e como columnista en El Ideal Gallego.
Compaxina o seu traballo coa súa paixón pola fotografía.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario