24/5/24

Recomendacións en Radioleiros: 24 maio 2024

Recomendacións en Radioleiros: 24 maio 2024
"A linguaxe das plantas: os seres máis fascinantes do planeta" de Helena Haraštová e Darya Beklemesheva
- Infantil:
"A linguaxe das plantas: os seres máis fascinantes do planeta" de Helena Haraštová e Darya Beklemesheva. En Baía Edicións.
"Espía y traidor: la mayor historia de espionaje de la Guerra Fría" de Ben MacintyreNovos coñecementos arredor das plantas e o mundo que as rodea nun libro de coidada presentación.

- Mocidade e persoas adultas:
"Espía y traidor: la mayor historia de espionaje de la Guerra Fría" de Ben Macintyre. Editado por Crítica.
Un coronel da intelixencia soviética colaborou durante anos cos ingleses pasándolles información de alto nivel. Unha historia real excelentemente narrada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ler para saber A CIENCIA: 24 de maio 2024

Ler para saber A CIENCIA: 24 de maio 2024
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 24 de maio
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Hora: 18:30 h.

Arquitectura sostible: casa bioclimática e casa ecolóxica
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Actividades de promoción da lectura: 27 a 29 de maio 2024

Actividades de promoción da lectura: 27 a 29 de maio 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 27 a 29 de maio:

Luns 27 de maio:
- 10:00 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros) e 11:30 alumnado de 1º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo).
"A metáfora visual" (1ª sesión) e "Superheroes, a nova mitoloxía" (2ª sesión) con Miguel Cuba.
Martes 28 de maio:
- 9:20 e 10:30 alumnado de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.


Martes 28 de maio:
- 10:15 alumnado de 4º e 11:15 alumnado de 5º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Bruxa e abella" con Trémola Teatro.
Mércores 29 de maio:
- 10:15 alumnado de 6º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Bruxa e abella" con Trémola Teatro.

20/5/24

Ler conta Moito en Dorneda e Lorbé: 20 e 23 de maio de 2024

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 20 de maio, ás 17:30 h.
Para nenas e nenos a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) Aforo limitado a 25 prazas.
ESPECTÁCULO: Manualidades con OQO
Actividade baseada no álbum “Maruxa”, pero nesta ocasión a masa que se preparará non será para facer pan, senón para dar forma aos personaxes e crear novas escenas do conto.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 23 de maio, ás 17:30 h.
Para nenas e nenos a partir de 6 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Maxia con Pedro Bugarín.
Ademais de asistir a diversos trucos de ilusionismo, as nenas e os nenos poderán facer maxia eles mesmos. Os xogos realizaranse con obxectos cotiás: libros, gomas, moedas, cartas, etc.

Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización das actividades.

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 22 maio 2024 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "Los caballos de Dios" de Mahi Binebine.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "De bestias y aves" de Pilar Adón.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 21 maio 2024 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.

Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.

Celebramos o Día das Letras Galegas con "Mulleres, poetas e galegas", unha escolma de textos poéticos seleccionados pola biblioteca.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Sobre los huesos de los muertos" de Olga Tokarczuk.

Tertulia literaria en Mera: luns 20 maio 2024 (Grupo B)

Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.

Sesión moderada por Silvia Salgado.

Comentario de "El día antes de la felicidad" de Erri de Luca.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Lejos" de Rosa Ribas.

18/5/24

Actividades de promoción da lectura: 21 a 24 de maio 2024

Actividades de promoción da lectura: 21 a 24 de maio 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 21 a 24 de maio:

Martes 21 de maio:
- 10:00 e 11:40 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.
Xoves 23 de maio:
- 9:20 e 11:20 alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"O bo se breve" con Isabel Andrés.
Venres 24 de maio:
- 9:20 e 10:30 alumnado de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Fogóns poéticos" con Isabel Andrés.

Mércores 22 de maio:
- 10:30 alumnado de 5º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Animais do bosque" con Trinketrinke Teatro.
Xoves 23 de maio:
- 10:15 alumnado de 6º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Eva na Antártida" con Trémola Teatro.
Venres 24 de maio:
- 10:15 alumnado de 2º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Entre bechos anda o conto" con Galeatro.

15/5/24

"Poéticas galegas" coa actriz Chus Álvarez e a música de Ángeles Dorrio: 16 de maio 2024

Teatro "As Torres" (Santa Cruz)
Xoves 16 de maio ás 19:00 h.

Conmemoración do Día das Letras Galegas cun recital poético que honra a 31 escritoras galegas, a cargo de Chus Álvarez (selección poética, interpretación e dirección), acompañada ao piano e a voz cantada por Ángeles Dorrio.
Comeza e finaliza con poesías de Luísa Villalta, pero tamén recitará poemas de Yolanda Castaño, Pilar Pallarés, Alba Doval, Antía Otero, Rosalía de Castro, Lupe Gómez, Lucía Aldao, entre outras.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Alice Munro, 1931-2024: a beleza da cotiandade

Alice Munro, 1931-2024: a beleza da cotiandade
Faleceu Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013 e Premio Booker en 2009. Canadense dunha pequena vila de Ontario, a mestra do conto contemporáneo comezou a escribir sendo adolescente. Entre outras ocupacións, traballou como camareira e foi empregada de biblioteca. O seu inicio no mundo da narración curta deuse antes de cumprir 20 anos, coa publicación de As dimensións dunha sombra (1950) nunha revista estudantil para adicarse á literatura aos 30 anos con contos e relatos que vendía para a radio pública do seu país. Munro utilizou a beleza das pequenas cousas como material para amosar as dores máis fondas da natureza humana.

Títulos de Alice en Bibloleiros
Libros de Alice Munro en eBiblio
"La vida de las mujeres" foi obxecto de debate nas tertulias literarias e lectura recomendada en Radioleiros.

Lévate en préstamo os libros de Munro que temos ao teu dispor no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Luísa Villalta, a vontade íntima de voar. Recomendacións para o Mes das Letras

Historias e contos para namorar, a xeito de notas musicais que acompañan a festa das nosas letras. 


 

14/5/24

Día das Letras Galegas nas Bibliotecas Municipais

Consulta todas as actividades dedicadas á escritora e música Luisa Villalta.

 


Mes das Letras nas Bibliotecas Municipais

 Exposicións, paneis informativos, xogos e pasatempos para nenas e nenos. Eis unha mostra de como lucen as Bibliotecas Municipais durante o Mes das Letras. Maio dedicado á escritora, docente, filóloga, tradutora e violinista Luísa Villalta.

Biblioteca de Dorneda
  

Pasatempos extraídos das páxinas web do Seminario Galán e Primavera das Letras.

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta Gómez "Literatura e música, emoción e compromiso"

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros presentamos este díptico informativo sobre a escritora, docente, filóloga, violinista e tradutora Luísa Villalta, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a súa figura.


Tertulia literaria en Rialeda: mércores 15 maio 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "De bestias y aves" de Pilar Adón.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El adversario" de Emmanuel Carrère.