Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 6 a 10 de maio:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 6 de maio:
- 10:20 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
"Poéticas: unha viaxe pola poesía española" con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.
Mércores 8 de maio:
- 10:15 alumnado de 1º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Entre bechos anda o conto" con Galeatro.
Xoves 9 de maio:
- 10:20 alumnado de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Santa Cruz).
"A pequena Luísa" con Ramiro Neira.
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Venres 10 de maio:
- 10:30 alumnado de 5º e 12:15 alumnado de 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Luísa Villalta: entre violín e poesía" con Charo Pita.
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 7 de maio:
- 10:15 e 11:45 alumnado de 5º do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Mércores 8 de maio:
- 10:15 alumnado de 5º do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Xoves 9 de maio:
- 10:15 e 11:45 alumnado de 6º do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario