A Biblioteca Municipal "Manuel María" de Oleiros permanecerá pechada ao público o venres 15 de decembro en horario de 16 a 20 h.
Pregamos desculpen as molestias.
15/12/23
Recomendacións en Radioleiros: 15 decembro 2023
- Infantil (8 a 10 anos):

O tesouro do Casqueiriño, de Félix Caballero, con ilustracións de Evaristo Pereira
Galaxia, 2023
Na praia ribeirense do Baluarte un grupo de rapaces descobren a paisaxe e a historia da zona. Un relato no que amizade axúdalles a coñecer unha contorna chea de fermosos lugares.
- Mocidade e persoas adultas:
Las hermanas Jacobs, de Benjamin BlackAlfaguara, 2023
Versión dixital en eBiblio
No Dublín da década dos 50 aparece morta unha muller nun garaxe. O teórico suicidio non convence ao patólogo Quirke, o que fai que investigue na sociedade da época: residentes alemáns con negocios con Israel, a Igrexa Católica, a visita aos pubs, as presións para que non siga preguntando... conforman un marco interesante.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
13/12/23
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 13 decembro 2023 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
Atención cambio de hora: 18 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "El grupo" de Mary McCarthy.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La musa oscura" de Armin Öhri.

11/12/23
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 12 decembro 2023 (Grupo B)
Biblioteca e Centro de Documentación
da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Canto yo y la montaña baila" de Irene Solà.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El quinto en discordia" de Robertson Davies.

Tertulia literaria en Mera: luns 11 decembro 2023 (Grupo A)
Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "Delirio" de Laura Restrepo.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah.

Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Mera,
Tertulias Literarias
5/12/23
Maxia e contos polo Nadal nas Bibliotecas Municipais de Oleiros!!!
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
- Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización da mesma.
- Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización da mesma.
1/12/23
AVISO: A Biblioteca de Lorbé estará pechada os días 4, 5 e 7 de decembro
A Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé permanecerá pechada ao público (16 a 20 h.) os seguintes días:
- Luns 4 de decembro
- Martes 5 de decembro
- Xoves 7 de decembro
Desculpen as molestias
- Luns 4 de decembro
- Martes 5 de decembro
- Xoves 7 de decembro
Desculpen as molestias
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Avisos,
Biblioteca de Lorbé
Recomendacións en Radioleiros: 1 decembro 2023
Un fermoso álbum ilustrado, que conta como hai peixes que se encargan de coidar os ovos para que nazan os futuros peixes, en vez de deixalos abandonados. Entre estes están o cabaliño de mar, pero tamén hai outros como os peixes trompeta, o peixe espiñoso, o peixe león, a tilapia ou o peixe frauta.
A maioría dos peixes unha vez que a nai expulsou os ovos e que o pai os fecundou, déixanos sen encargarse deles, pero hai excepcións como estas que mostra este libro.
Vemos uns cabaliños de mar de todas as cores, nadando pola auga e unha vez que a señora cabaliño de mar depositou os ovos na pequena bolsa que o señor cabaliño de mar tiña na barriga, el prometeu coidar deles. Nesta misión vai paseando polo fondo do mar e atópase a un conxunto de peixes trompeta camuflados detrás duns xuncos, ao peixe espiñoso, ou ao peixe león oculto tras un arrecife de coral...
Un libro de gran tamaño, cunhas coloridas e preciosas ilustracións que alternan con páxinas transparentes nas que pinta xuncos ou diversos tipos de algas que ocultan outros peixes.
As ilustracións de Eric Carle son moi recoñecibles porque utiliza “collages”, papeis pintados a man, superpón páxinas, etc. Todo para realizar un conxunto de gran calidade e beleza, o que unido a unhas imaxinativas historias fai que consiga unhas obras atractivas e de gran calidade, ao mesmo tempo que moi divertidas para as crianzas.
"Unha cervexa Chang" de Manuel Portas. Editado por Galaxia.
Dispoñible en GaliciaLe
Unha novela negra que nos introduce no mundo da investigación pseudodetectivesca e no comercio ilegal dos tesouros perdidos no fondo do mar.
Preséntanos a Daniel, un home nunha crise persoal e económica, que decide aproveitar as vacacións de Nadal para descansar unha semana nunha praia de Tailandia, antes de enfrontarse á difícil situación na que se atopa. Posiblemente sexa a última viaxe que poida permitirse en moito tempo.
Estudou Xeografía e Historia, pero o pai determinou que rexentara o negocio familiar de antigüidades, e el aceptou. Hai pouco que o estafaron na compra dun mapa que supostamente era do século XV e no que inverteu todos os cartos que tiña aforrados. Quería mercar unha peza única, e foi un engano. Vai ter que informar á familia e pechar dúas das tres tendas, co conseguinte despedimento de oito empregados. Non sabe como dicírllelo, pero iso ou a bancarrota. Pensa que vai ser visto como un fracasado e un parvo. Principalmente fronte aos seus cuñados, uns fachendosos, en especial Pepe que casara en segundas nupcias coa súa irmá maior Carme; pero tamén do outro, Primitivo, un urólogo e profesor a tempo parcial na Universidade, que partindo da súa suposta superioridade intelectual sempre tomaba a broma os proxectos nos que Daniel se embarcaba. Encima de todo isto, hai menos dun ano que se divorciou. Sentíase desbordado, sobrepasado polo pesadelo, polo que aceptou a suxestión de facer a viaxe.
O último día da estadía, cando está a punto de volver para a casa, ve desaparecer no mar unha moza que estaba nadando placidamente. O avión márchalle nunhas horas, van vir a recollelo, a esa persoa non a coñece de nada, e descoñece que aconteceu no mar. Que fai? Non o sabe ben, pero como sempre foi un home de arroutadas, decide informar na recepción, ven a policía e todo se complica. É detido como principal sospeitoso da desaparición da moza...
Estamos ante un argumento que parece simple, pero que pouco a pouco se vai complicando, cun protagonista pouco social e pouco empático, unha persoa solitaria, que se sente perdida e soa, e que non sabe a quen pedir axuda.
Que fariamos nós se somos testemuña dun acontecemento similar? Esqueceriámonos do tema e colleriamos o avión, ou denunciaríamos?
É unha novela curta que mantén a intriga debido a que o autor vai dosificando a información.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 4 de decembro de 2023
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización da mesma.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 4 de decembro, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
TÍTULO: “Brinca vai! De aquí a acolá”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:41
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Dorneda,
Hora do Conto
30/11/23
25 libros nun roscón, en Rialeda
ofrecémosche un libro para
cada día de Nadal: unha variedade de lambetadas para os padais infantís, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
cada día de Nadal: unha variedade de lambetadas para os padais infantís, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Boas festas!!!
28/11/23
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 29 novembro 2023 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.
Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.
Comentario de "O paraíso dos inocentes" de Antón Riveiro Coello.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El grupo" de Mary McCarthy.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 28 novembro 2023 (Grupo A)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller 
"Rosalía de Castro". Santa Cruz
17:30 a 19 h.
Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Comentario de "O frío azul" de Ramón Caride.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Desgracia" de J. M. Coetzee.

"Rosalía de Castro". Santa Cruz
17:30 a 19 h.
Sesión moderada pola profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Comentario de "O frío azul" de Ramón Caride.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Desgracia" de J. M. Coetzee.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:54
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Tertulias Literarias
27/11/23
Tertulia literaria en Mera: luns 27 novembro 2023 (Grupo B)
Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "Nada se opone a la noche" de Delphine de Vigan.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Ninguén queda" de Brais Lamela.

19 a 20:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "Nada se opone a la noche" de Delphine de Vigan.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Ninguén queda" de Brais Lamela.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Mera,
Tertulias Literarias
24/11/23
Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 27 de novembro a 1 de decembro de 2023
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 27 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
TÍTULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro
Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 28 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Ollo, piollo”
CONTACONTOS: Chus Álvarez
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 29 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Contos para cazar biosbardos”
CONTACONTOS: Charo Pita
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 30 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “O conto de sempre contado ao revés”
CONTACONTOS: Fran Amil
Venres 1 de decembro, ás 18:30
Para crianzas de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
TÍTULO: “Un Nadal cheo de contos”
CONTACONTOS: Tarabelos
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.
Recomendacións en Radioleiros: 24 novembro 2023
"As filloas de Manola" de R.J. Peralta, ilustrado por Blanca Millán. Editado por Galaxia.
Dispoñible en GaliciaLe
A avoa Manola ten ganas de cear filloas. Acende a lareira con carozos e piñas e prepara o amoado pero, cando leva unhas cantas feitas, empezan a chegar as visitas para pedirlle un pouquiño disto ou daquilo e todos aproveitan para comer unhas poucas filloas. Será quen a avoa de gozar da súa cea?
"Bailaréis sobre mi tumba" de Alba Carballal. En Seix Barral.
A historia comeza o día do afundimento do petroleiro grego Andros Patria, o 31 de decembro de 1978, e remata en 2002, ano da catástrofe do Prestige. En "Bailaréis sobre mi tumba" as grandes catástrofes medioambientais cambian as vidas dos personaxes da novela cos que nos mergullaremos no ambiente do nacemento da conciencia ecoloxista, da movida viguesa e da ruta do Bakalao na Valencia dos anos noventa. Unha lectura aceda e crítica que percorre a historia recente de Galicia e parte da historia contracultural de todo o país.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)