1/2/19

Recomendacións en Radioleiros: 1 febreiro 2019

https://youtu.be/ONUZd8Js4vU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210172- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"Todos bostezan", texto e ilustracións de Anita Bijsterbosch. En Combel.
Un fermoso libro que, cada dúas páxinas, nos presenta un animal que ten moito sono, polo que bocexa e ábreselle a boca. Cada un deles trae unha pequena lapela que as nenas e os nenos poden levantar e ver o interior da súa boca. Figuran animais como un gato, unha serpe, un mapache, un coelliño, un porquiño, etc. ata que chegamos ao final en que vemos a un neno que tamén ten sono.
Estamos ante unha simpática obra, con estupendas ilustracións e moi ben editada, que fai as delicias das nenas e os nenos. Un libro para gozar e divertirse cos máis pequenos da casa e que eles quererán que se lle lea unha e outra vez.

- Mozas-os e adultas-os:
"Hijos del ancho mundo" de Abraham Verghese. Editado por Salamandra.
Unha interesante obra que se desenvolve en Etiopía e que nos axuda a coñecer mellor a vida neste país. No ano 2010 foi elixida polos libreiros de Estados Unidos como a mellor novela do ano.
Cóntanos como a finais dos anos 40 do século pasado, a abadesa dun convento carmelita da India decide facer realidade un dos seus soños que é enviar dúas novas monxas, e enfermeiras, a evanxelizar en África e a que funden unha comunidade carmelita neste continente. Despois de pasar moitas vicisitudes, nas que unha delas morre, a outra consegue chegar ao hospital Missing de Adis Abeba e alí establecerse como enfermeira.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=855901
Fai diferentes traballos, pero principalmente axudando ao cirurxián Stone. Ata que un día se sente mal. O motivo é que está de parto. Nacen dous nenos xemelgos, fillos dela e do cirurxián. A nai morre e o médico desaparece. Os nenos son criados por unha parella de médicos do hospital (tamén procedentes da India) e por outro persoal do servizo doméstico...
Unha historia apaixonante que segue aos irmáns Stone. Segundo imos lendo veremos a pobreza do país as enfermidades máis comúns, o difícil que é a vida no terceiro mundo, pero principalmente para os seres máis indefensos como as mulleres e a infancia. Tamén nos iremos familiarizando con moitos termos médicos, ao mesmo tempo que asistimos ás crises económicas e políticas deste país na segunda metade do século XX.
Estamos ante unha obra que nos presenta un país moi descoñecido para a maioría da poboación, unha historia entrañable, e que nos fai cribles todos os personaxes. Unha obra magnífica e entretida que nos axudará a coñecer mellor Etiopía e os seus habitantes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/1/19

Exposición bibliográfica de Amos Oz: 1939 - 2018

http://www.fpa.es/es/premios-princesa-de-asturias/premiados/2007-amos-oz.html?texto=discurso&especifica=0
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) adicamos unha exposición bibliográfica ao escritor hebreo Amos Oz finado en decembro do pasado ano. Obtivo moitos premios literarios ao longo da súa vida, sendo candidato durante varios anos consecutivos ao Nobel de Literatura. En 2007 recibíu o Premio Príncipe de Asturias das Letras. 
Ofrecemos unhas palabras do discurso de recepción deste galardón, recomendando a súa lectura íntegra:
"Se adquires un billete e viaxas a outro país, é posible que vexas as montañas, os palacios e as prazas, os museos, as paisaxes e os lugares históricos. Se a fortuna che sorrí, quizáis teñas a oportunidade de conversar con algúns habitantes do lugar. Volverás a casa cargado cunha morea de fotografías e postais. Pero, se les unha novela, adquires unha entrada aos pasadizos máis secretos doutro país e doutro pobo. A lectura dunha novela é un convite a visitar as casas doutras persoas e a coñecer as súas estancias máis íntimas".
O libro "Un descanso verdadero" de Oz foi obxecto de análise nas Tertulias literarias e a súa obra "Una pantera en el sótano", entre outras, foi recomendada no programa semanal que Bibloleiros ten na emisora municipal Radioleiros.

1 de febreiro: comeza a Campaña de Animación á Lectura

Comeza a Campaña de Animación á Lectura para alumnado dos centros de ensino do Concello de Oleiros. Isabel Andrés impartirá o obradoiro titulado "Do fantástico ao neofantástico: Julio Cortázar" ao alumnado do IESP Neira Vilas.

Venres 1 de febreiro:
- 9 a 11 h. (4º ESO A)
- 11,30 a 13,30 (4º ESO B)

O obradoiro terá lugar no IESP Neira Vilas.

30/1/19

30 de xaneiro: Día da Paz na Biblioteca de Lorbé

https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/unicef-educa-adp-cores-paz-actividade-dia-paz-educacion-infantil.pdfPara conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia na Biblioteca “Xograr Mendiño” (Lorbé), durante a semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro haberá unha exposición de libros infantís sobre a paz. 

Poderás levar a casa títulos como "Los conquistadores", "A guerra dos números", "Azadah", "El pequeño soldado", "O principio" e moitos outros relacionados coa resolución pacífica dos conflitos, a convivencia sen violencia e a solidariedade entre os pobos.

28/1/19

Máis de 60 sesións de actividades de promoción da lectura de febreiro a maio!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdfSerán máis de 60 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os e adolescentes entre os meses de febreiro e maio as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. 60 oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!
Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
Comprender, divertirse e reflexionar son os tres principais puntos en que se basea esta actividade. Participarán Charo Pita, Soledad Felloza, Sonia Ojea, Anxo Fariña, Caxoto, Fátima Fernández, Raquel Queizás,  Ramiro Neira, Paula Carballeira, El caldero de Peltre, Manel Cráneo, Trinke Trinke Teatro, Eduvía: vías para a educación e a Asociación Participa para a Inclusión Social. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para a nena e neno pequeno a palabra oída exerce unha gran fascinación. O conto ou a poesía incorpórano a unha cultura que lle pertence, fano partícipe dunha creación colectiva e outórganlle signos de identidade. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa.
A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e acapacidade de fabulación de quen escoita. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

As idades para as que se recomenda cada actividade son orientativas para facilitar a súa comprensión.

Na semana do 6 ao 8 de febreiro terán lugar as seguintes actividades:
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)    
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “O que conta a neve para que ninguén a escoite”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 7 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)    
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos en verso para os máis pequechos”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 8 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)    
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dado o duende”

25/1/19

Recomendacións en Radioleiros: 25 xaneiro 2019

https://youtu.be/fL2u1AX700A
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1471084- Xuvenil (nenas e nenos a partir de 12 anos):
"A balada dos unicornios" de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. En Xerais.
Ambientada na cidade de Londres na segunda metade do século XIX, nunha civilización onde a tecnoloxía electrónica e os modernos combustibles foron sustituidos por trebellos que funcionan pola combustión do vapor. Nunha estética futurista propia de Verne ou H. G. Wells, atopamos a Ágata, unha nena mecánica que se dirixe á Escola de Artefactos e Oficios coa intención de visitar a León, un amigo que está enfermo, que coma ela, acadou o nivel de xenio na escola. Un labirinto de mundos fantásticos, animais mitolóxicos, cans que guían humáns, inventos de todo tipo e vidas cruzadas con protagonistas femininas independentes e con poderes, unhas desde o lado máis escuro e outras dando luminosidade ás historias.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1246074 
- Mozas-os e adultas-os:
"La isla de las mil historias" de Catherine Banner. Editado por Salamandra.
Unha pequena illa do Mediterráneo, catro xeracións dunha familia e unha historia na que se nos contan os feitos máis salientables ocorridos ao longo do último século: as dúas guerras mundiais, a chegada da electricidade, a televisión, o cambio de moeda ao euro, a crise financeira do 2008 ou o turismo masivo que modifica completamente a forma de vida dun pobo que mira ao mar e deixa pasar o tempo dende o balcón do bar, ao que chaman “la casa al borde de la noche”.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/1/19

Recomendacións en Radioleiros: 18 xaneiro 2019

https://youtu.be/YauButKUZ70
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1468483- Infantil (menos de 6 anos):

O año que é un porquiño, de Pim Lammers
Hércules

O primeiro que chama a atención cando abrimos o libro é a liña divisoria que aparece separando por un lado ás ovellas, todas branquiñas elas, felizmente pastando no prado, e por outro, aos porcos envorcándose na lama. Isto é así, é o costume e semella que non se pode cambiar. Ata que aparece o noso año, o protagonista desta historia, todo branquiño e que se pon a xogar na poza dos porcos. Todos, ovellas e porcos, quedan abraiados, sobre todo cando o año di: “É que son un porquiño!!!

Conto publicado en 2017 que é unha metáfora da transexualidade. Unha historia tenra e delicada que pode axudar a pais e nais a abordar esta temática.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245551Unha verdade amarga, de Celia Díaz Núñez
Galaxia

A historia deste libro empeza cando Daniel Pereira chega á vila lucense onde medrou para poñer unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, un importante empresario da comarca. Esta é a excusa para contar, sen alambiques, unhas vidas que se ven alteradas polo suceso. O que menos afectado se verá pola demanda é o propio Aurelio, xa que a súa mente se perdeu nas profundidades do Alzheimer.

A través de elementos costumbristas irase representando o que era a sociedade rural galega que viviu o franquismo, as dificultades para cambiar de clase social, o veto absoluto ás relacións de parella que non remataban en matrimonio, o continuo medo ao que dirán e por suposto, o tema da emigración galega. E cun final que desvela, como di o título, “Unha verdade amarga”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


11/1/19

Recomendacións en Rialeda: 11 xaneiro 2019

https://youtu.be/2JNeHWs-NeE
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1025662&viewallitems=1&offset=40&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba". Ilustracións de Miguelanxo Prado. Textos de David Aceituno. Editado por El Patito Editorial.
É unha fermosa obra que nos fala dun dragón, chamado Mocoso Dragón, que esbirra con moita facilidade e de Ernesto Felino, que é un gato alegre e espelido, que se ofrece a resolverlle o problema. O dragón quere cambiar de conto, non desexa estar neste porque hai un cabaleiro que sempre lle gana e porque os seus esbirros espantan á princesa.
E se fósemos en globo á casa dos tres porquiños e do lobo? Pregúntalle. Nese mesmo momento, Ernesto achegoulle unha rosa e co esbirro do dragón caeron nun conto onde os tres porquiños estaban comendo co lobo unha sopa de verduras riquísima. Así poderíamos continuar, indo de conto en conto...
Estamos ante un divertido álbum cunhas simpáticas ilustracións realizadas coa mestría que caracteriza a este magnífico ilustrador que é Miguelanxo Prado.
- Mozas-os e adultas-os:
"El jugador de ajedrez: Según la novela de Stefan Zweig" de David Sala. En Astiberri.
E unha novela gráfica realizada a partir da obra Novela de xadrez de Stefan Zweig e que foi libremente recreada polo ilustrador francés David Sala. 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1441514Un barco diríxese a Arxentina e, entre outros pasaxeiros atópase o campión do mundo de xadrez, unha persoa que gañou todos os torneos en EEUU e que agora vai a Arxentina en busca de novos trunfos. Un pasaxeiro ten curiosidade por falar con el  e decide organizar no barco unhas partidas de xadrez para atraelo. A estratexia funciona. O campión proponlles que xoguen todos xuntos contra el. Entre todos destaca un home que coñece as xogadas das partidas máis importantes do mundo. Un home que tiña un bufete de avogados en Viena, que foi detido polas SS e encarcerado nunha habitación dun hotel coa intención de sacarlle información sobre as principais fortunas do país. Despoxárono de todos os seus obxectos persoais, non tiña nada que facer, nada que oír, e así pasaba os días nun baleiro total e ata a desesperación absoluta... Novela de xadrez, é o último texto escrito por Stefan Zweig, en 1941, antes de suicidarse e nel presenta unha denuncia da barbarie nazi e da tortura psicolóxica.
David Sala, a partir dun guión da novela de Zweig, realizou unhas ilustracións magníficas que captan a inquietude do texto e a angustia, cuns personaxes moi expresivos e un aspecto exterior que reflicte a súa personalidade. Ao final tamén hai varias páxinas extras con estudos dos personaxes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.