31/1/19

Exposición bibliográfica de Amos Oz: 1939 - 2018

http://www.fpa.es/es/premios-princesa-de-asturias/premiados/2007-amos-oz.html?texto=discurso&especifica=0
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) adicamos unha exposición bibliográfica ao escritor hebreo Amos Oz finado en decembro do pasado ano. Obtivo moitos premios literarios ao longo da súa vida, sendo candidato durante varios anos consecutivos ao Nobel de Literatura. En 2007 recibíu o Premio Príncipe de Asturias das Letras
Ofrecemos unhas palabras do discurso de recepción deste galardón, recomendando a súa lectura íntegra:
"Se adquires un billete e viaxas a outro país, é posible que vexas as montañas, os palacios e as prazas, os museos, as paisaxes e os lugares históricos. Se a fortuna che sorrí, quizáis teñas a oportunidade de conversar con algúns habitantes do lugar. Volverás a casa cargado cunha morea de fotografías e postais. Pero, se les unha novela, adquires unha entrada aos pasadizos máis secretos doutro país e doutro pobo. A lectura dunha novela é un convite a visitar as casas doutras persoas e a coñecer as súas estancias máis íntimas".
O libro "Un descanso verdadero" de Oz foi obxecto de análise nas Tertulias literarias e a súa obra "Una pantera en el sótano", entre outras, foi recomendada no programa semanal que Bibloleiros ten na emisora municipal Radioleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario