12/9/14

18 de setembro: Nora Strejilevich presenta o seu libro "Una sola muerte numerosa"

http://norastrejilevich.com/
Nora Strejilevich presentará o seu libro "Una sola muerte numerosa" na Biblioteca Central Rialeda o xoves 18 de setembro ás 20:00 horas. Neste encontro coa escritora e investigadora arxentina, memoria viva da ditadura arxentina (1976-1983), conversará sobre o seu libro testemuñal e sobre o movemento cultural e de dereitos humanos que se desenvolveu na Arxentina nos últimos tempos.

Nora Strejilevich é unha narradora arxentina cuxa escritura elabora o legado do Terrorismo de Estado a partir da súa propia experiencia como sobrevivente e exiliada. Tras a súa liberación do campo de concentración “Club Atlético” (1977) foi asilada política en   http://norastrejilevich.com/Canadá, onde se doutorou en literatura latinoamericana na Universidade da Columbia Británica. Exerceu a docencia en varias universidades de Norteamérica entre 1991 e 2006, e adicouse sobre todo á ensinanza de dereitos humanos e literatura.
Ten publicado prosa, poesía e ensaios. O seu libro máis recente é "El arte de no olvidar: literatura testimonial en Chile, Argentina y Uruguay entre los ´80 y los ´90" (2006).
"Una sola muerte numerosa" (1997, 2006) deulle o recoñecemento internacional. Esta novela foi distinguida co Premio Nacional Letras de Oro (USA 1996), traducida ao inglés (A Single Numberless Death, 2002) e adaptada para teatro (USA 2002). En Italia, a historia inspirou a película Nora (2005). O libro estúdase en cursos de universidades de Arxentina, México, Brasil, Alemaña, Austria e Francia.

Nestes momentos Strejilevich adícase á escrita e a investigación. O seu proxecto actual é o estudo da resistencia das mulleres a reximes totalitarios a través da arte.

Recomendacións en Radioleiros: 12 de setembro

Recomendacións en Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=87936http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112732- Infantil (menores de 6 anos):
"Canciño e os seus amigos" en Macmillan.
Libro con poucas páxinas e formato pequeno baseado no esquema táctil e visual. Recomendado a partir dun ano. Apto para lectores-as con problemas de vista ao incluír superficies para tocar.  Na mesma serie: “Michiño”.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Aperitivos e tapas" de Mariona Quadrada, editado por Baía.
A cociñeira e profesora Quadrada tráenos 103 receitas de aperitivos e tapas protagonistas da cociña galega. Textos claros con fotografías de Josep Borrel nun paseo lúdico e interesante pola gastronomía de hoxe.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/9/14

Recomendacións en Radioleiros: 5 de setembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/34865703/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111784http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112453- Infantil (menores de 6 anos):
"Este alce es mío" de Oliver Jeffers, en Fondo de Cultura Económica.
O alce chegou un día por casualidade ata a casa de Alfredo e el decidiu de súpeto que debía ser seu, así que dito e feito…
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Las chicas de campo" de Edna O’Brien, editado por Errata Naturae.
Na Irlanda dos anos 50, dúas rapazas de campo deixan a súa aldea e inician o camiño cara a vida adulta, primeiro estudando nun duro internado católico e máis tarde como dúas mulleres independentes en Dublín.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/8/14

Recomendacións en Radioleiros: 29 de agosto

- Xuvenil:

"El héroe perdido" de Rick Riordan
Montena

Mitoloxía, aventuras e amor nas doses exactas para que o/a lector/a quede enganchado/a dende a primeira páxina.


- Mozos/as e adultos/as:

"El jilguero" de Donna Tartt
Lumen

Todo empeza cun atentado nun museo e un cadro rescatado dos escombros, a partir de aí a vida de Theo Decker vaise converter nun inferno.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/8/14

Préstamo de Lectores Electrónicos (e-readers) nas bibliotecas de Perillo, Oleiros, Dorneda, Nós, Montrove e Mera

Ofrecemos este servizo a todas/os as/os socias/os maiores de 14 anos.

Modelos dispoñibles en Rialeda (Perillo):
- Mibuk Wolder Essential (máis de 1000 títulos libres de dereitos de autor)
- Cervantes Touch Light (inclúe 18 títulos con licencia)

Modelo dispoñible en Oleiros, Dorneda, Nós, Montrove e Mera:
- Mibuk Wolder Essential (máis de 1000 títulos libres de dereitos de autor)

O préstamo ten unha duración de 1 mes, sendo posible utilizalo igualmente na biblioteca.
Máis información no teléfono 981 639 511.


22/8/14

Recomendacións en Radioleiros: 22 de agosto

- Infantil (a partir de 3 anos):

"Onde estás, Caracol?" de Susanna Isern ; ilustracións de Leire Salaberria
OQO Editora

Unha tarde cando comezaba a chover e Lagartiña corría para a súa casa,
veu a Caracol que nese momento asomaba a cabeza. Aquela noite soñou con el e ao día seguinte decidiu ir buscalo. Buscou por todas partes ata que o atopou durmindo enriba dun xirasol e agardou ao seu lado ata que espertase. Pola tarde como chovía e as lagartiñas arrefríanse ao mollaren, tivo que marchar para a casa moi triste. Desde ese día, ao saír o sol, Lagartiña ía buscar a Caracol...

Fermosa obra que narra unha relación que parece imposible: Caracol non pode saír ao sol porque senón
sécase e agarda dentro do seu caparazón a que chova. Lagartiña, pola contra, enferma se se molla. Conta como Lagartiña e Caracol tiran de enxeño para poder estar xuntos.

Delicioso conto no que a autora quere destacar que se se loita, con ilusión e imaxinación,  poden superarse as diferenzas. Ademais posúe unhas preciosas ilustracións, nas que Lagartiña e Caracol son uns personaxes humanizados moi entrañables. En toda a obra predominan as cores cálidas e vivas, creando unhas paisaxes moi alegres (aínda cando chove) que fan un libro que desprende ledicia e felicidade.

- Mozos/as e adultos/as:

"El proyecto esposa" de Graeme Simsion
Salamandra

Unha divertida novela narrada en primeira persoa polo protagonista Don Tilman, profesor de xenética na universidade de Melbourne, quen coñecedor dos estudos que demostran que os homes que viven en parella son máis felices que os solteiros, decide facer un proxecto que lle axude a buscar a esposa ideal. Don ten 39 anos, é intelixente, metódico, organizado, cunha vida estruturada, directo e sincero, ao que lle é difícil entender esta sociedade na que moitas veces as persoas din o contrario do que pensan.

Debido a súa dificultade para relacionarse cos demais e pola súa forma de ser nunca consegue ter unha segunda cita cunha muller. El sabe que é unha persoa difícil de entender, cun cerebro diferente á maioría dos seres humanos, pero non comprende como el, un home en forma, cun bo estatus social non consegue ter parella. Decide redactar un cuestionario de 16 páxinas para atopar a parella perfecta para el: unha muller puntual, que non fume nin beba  e que as candidatas deben cumprimentar. Pero coñece a Rosie Jarman, unha fermosa muller, que fuma, bebe, chega tarde e é

vexetariana. Unha muller inadecuada que nunca superará o cuestionario, pero que irá facendo que cambie algúns dos requisitos marcados ao principio. Fanse amigos, mais está totalmente descartada para o Proxecto esposa. Ela tamén  ten o seu proxecto propio que é atopar ao seu pai biolóxico. Don, debido aos seus coñecementos de xenética, decide axudala, para o que saltará unha e outra vez as súas estritas regras.

Unha obra fácil de ler, unha comedia simpática, chea de ironía e humor, con moitos diálogos, un ritmo áxil e escenas divertidas, que fará as delicias das persoas que a lean e coa que poderán pasar un fin de semana moi agradable.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/8/14

Recomendacións en Radioleiros: 8 de agosto

http://www.ipernity.com/doc/284673/34280045/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=Aya+de+Yopougon&idx=tihttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112786- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Na cociña de noite" de Maurice Sendak, en Kalandraka.
Reedición dun clásico dos setenta ambientado nos anos vinte previos á Depresión. Texto onírico, moi breve, pensado para primeiros lectores. Literatura que crea empatía coa cociña como comezo dunha viaxe sinxela con moito traballo detrás.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"Aya de Yopougon" texto de Marguerite Abouet e ilustracións de Clement Oubrerie. Editado por Norma.
A vida diaria de tres amigas de Costa de Marfil: a familia, os estudos, o traballo e as expectativas neste paseo pola África do século XXI . Banda deseñada con léxico e humor para rachar tópicos. Mellor 1º álbum no salón Angoulème.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/8/14

14-18: un Centenario

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-19921.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-19921.pdfNeste mes de agosto cúmprese o centenario do inicio da Gran Guerra, conflito que significou o final dun xeito de entender a sociedade e as relacións internacionais en Europa, sentando as bases dos cambios profundos nos eidos políticos, sociais e económicos do continente ao longo do século XX. 

Presentámosche unha escolma de títulos relacionados no 2º andar da Biblioteca Rialeda. Poderás atopar novelas, libros divulgativos, películas e revistas monográficas.

Descarga a guía premendo sobre a portada.

1/8/14

Recomendacións en Radioleiros: 1 de agosto

http://www.ipernity.com/doc/284673/34207745/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=103247- Infantil (ata 6 anos):

"Luces, bicos e cores" de Concha Blanco; ilustrado por Gemma Aguasca
Émbora

Unha pequena colección de dez poemas, en cada un deles presenta un elemento diferente relacionado coa natureza e que acerca aos nenos e nenas  ao mundo dos sentimentos, da musicalidade e os soños.

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112512
- Moz@s e Adult@s:

"Sapphira y la joven esclava" de Willa Cather
Impedimenta

Sapphira sinte cambalear a súa implacable autoridade cando comenza a sospeitar de que o seu home que pasa moito tempo no muíño onde traballa, ten unha relación cunha xove escrava, Nancy, que goza de certos privilexios na casa. O feito desperta uns ciumes enfermizos en Sapphira que comenza a tomar unha serie de medidas para humillala…Trasfondo dunha narración onde o tema principal é a escravitude  e os movementos antiescravistas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/7/14

Recomendacións en Radioleiros: 18 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/33909091/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108740http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=96569- Infantil:
"16 escritores muy, muy importantes" texto de Concha López Narváez e ilustracións de Violeta Monreal. Editado por Bruño.
Paseo pola historia no que atopamos datos curiosos desde Homero a Saint-Exupèry cunhas magníficas ilustracións de Violeta Monreal. Libro de coñecementos moi recomendábel para o verán.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Huesos en el jardín" de Henning Mankell, en Tusquets.
O inspector Wallander atopa un cadáver mentras visita unha casa nos arredores de Löderup. Este é o comezo dun novo libro da serie xa clásica escrita por Mankell e que figura entre as mellores da novela negra europea.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/7/14

Os + prestados nas Bibliotecas de Oleiros

As oito Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros realizaron un estudo sobre os fondos bibliográficos máis prestados aos seus socios/as e a clubs de lectura durante este ano e os datos resultantes son os seguintes:

Libros para adultos/as en lingua castelá:
- El cielo ha vuelto de Clara Sánchez
- Y las montañas hablaron de Khaled Hosseini
- El cumpleaños secreto de Kate Morton
- Dispara, yo ya estoy muerto de Julia Navarro

Libros para adultos/as en lingua galega: 
- A praia dos afogados de Domingo Villar
- O achado do castro de M. Carlos Núñez Singala
- Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor
- Ardalén de Miguelanxo Prado

Libros para clubs de lectura de toda Galicia: 
- El proyecto esposa de Graeme Simsion
- Crematorio de Rafael Chirbes
- La vida de las mujeres de Alice Munro
- El amor no es un verso libre de Susana Fortes

Libros infantís e xuvenís en castelán: 
- Todo Mortadelo y Filemón de Francisco Ibáñez
- Diario de Greg de Jeff Kinney
- El fantasma de Canterville de Oscar Wilde
- Los juegos del hambre de Suzanne Collins

Libros infantís e xuvenís en galego: 
- Palabras envelenadas de Maite Carranza
- O último traballo do señor Luna de César Mallorquí
- O raposo e a mestra de Manuel Rivas
- O emocionante día de Piti o caracol de Sandrine Lhomme
- Cocorico de Marisa Núñez.

Os DVD, con películas e series para adultos/as máis prestados foron:
- Matalobos (serie de tv)
- Juego de tronos (1ª tempada)
- Intocable
- Lo imposible

DVD infantís e xuvenís: 
- Érase una vez... el cuerpo humano
- El maravilloso mundo de los animales
- El diario de Greg
- Enredados

CDs máis prestados: 
- Na lingua que eu falo de Najla Shami
- English audio inglés (Play & Learn Multimedia)
- Antología de Paco de Lucía
- Lo mejor de Luar na Lubre
- Galiza de Kepa Junkera

CDs e libros-disco infantís e xuvenís: 
- Bicos de música de Mamá Cabra
- Na punta do pé de Pesdelán
- Rosalía pequeniña de Uxía
- Pan de millo de Migallas


Con respecto ás revistas para adultos/as, a máis prestada, con moita diferenza sobre as demais foi Integral, seguíndolle, Saber vivir, Muy interesante e XL Semanal.

Nas revistas infantís e xuvenís as máis prestadas foron: Leo leo, tamén con moita diferenza sobre as Reportero Doc, Caracola e Okapi.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros invitamos a toda a poboación a que visiten as distintas bibliotecas e a que leven libros, discos ou películas en préstamo.

15/7/14

O máis doce aniversario: 50 anos da publicación de "Charlie e a fábrica de chocolate”

http://www.pinterest.com/bibloleiros/o-m%C3%A1is-doce-aniversario/
En 2014 cúmprense os doces cincuenta anos da publicación da primeira edición de "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roald Dahl. 

A divertida historia de Charlie Bucket, os cinco billetes dourados, os malignos Oompa-Loompas e o extraordinario Willy Wonka foi traducida a cincuenta e cinco idiomas e leva vendidos case que vinte millóns de exemplares en todo o mundo. 

Neste 2014 haberá centos de actos para celebrar a conmemoración dos cincuenta anos de "Charlie e a fábrica de chocolate", de feito comezaron xa no mes de febreiro, tal e como ocorre no libro, no que o señor Wonka reabre as portas da factoría no primeiro día desehttp://www.pinterest.com/bibloleiros/o-m%C3%A1is-doce-aniversario/ mes. En http://www.roalddahl.com/roald-dahl/timeline/2010s/1st-february-2014 podes atopar información sobre os actos que se realizarán durante este ano para celebrar tan saboroso aniversario.  
 
Na Biblioteca Central Rialeda queremos convidarte a visitar a pequena expo adicada a Roald Dahl e os seus libros así como as adaptacións cinematográficas.
Como Willy Wonka di, Espérante cousas espléndidas! Sorpresas marabillosas!

11/7/14

Recomendacións en Radioleiros: 11 de xullo

 http://www.ipernity.com/doc/284673/33811515/in/album/594169
- Infantil (a partir de 11 anos): 


Paulina é unha nena de 10 anos, orfa de  pai e nai,  que a levan para a casa de seus avós, na montaña, despois dunha grave enfermidade. Alí comeza a plantexarse cousas que pouco a pouco van medrando no seu interior e atrévese a pedirllas aos seus avós e amigos. Nesta nova vida  tamén  coñece o amor polos animais e a natureza, a soidade dos maiores cando os fillos medran, vanse e perden o apego pola terra, o efémero da infancia, e a confianza en si mesma.

- Mozos-as e adultos-as:


Helene Hanff é unha escritora neiorquina autodidacta que descobre por un anuncio no Saturday Review, unha librería en Londres especializada en libros de segunda man, á que decide escribir para solicitar edicións difíciles de atopar en New York. Así comeza unha correspondencia epistolar que durará vinte anos, entre Helene e Frank Doel, o empregado da librería, encargado dos seus pedidos.

A medida que a novela avanza, o peso das palabras que non se din, das cousas que ningún menciona, a ausencia “desas palabras” que faltan, faise máis presente na obra, como un xogo que habilmente atrapa ao lector.

84 Charing Cross Road, que se corresponde coa dirección da librería é a historia de dúas persoas unidas pola paixón da lectura e dos libros, como portas abertas cara outros mundos fantásticos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Tertulia literaria en Rialeda: valoración final dos títulos da tempada 2013-2014

Unha vez rematada a tempada de Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda, é hora de facer balance das propostas literarias que fomos ofrecendo ao longo dos pasados meses.

En total léronse 17 títulos de autores/as galegos/as, españois e internacionais, dos que os mellor valorados polos participantes foron:

Grupo A: 


1º) La ignorancia de Milan Kundera
Unha muller e un home atópanse por casualidade durante a súa viaxe de regreso ao país natal do que emigraron fai vinte anos. Poderán reemprender unha estraña historia de amor, apenas iniciada entón na súa terra?

2º) Claus y Lucas de Agota Kristof
Coa simplicidade sórdida dun conto de fadas, esta triloxía explícanos a historia de dous irmáns xemelgos, Claus e Lucas, condicionados por un vínculo agonizante, que se converte tamén nunha alegoría das forzas que separaron a Europa desde a Segunda Guerra Mundial.

3º) Una temporada para silbar de Ivan Doig
Ivan Doig está considerado como un dos mellores cronistas contemporáneos do Oeste americano, alumno avantaxado de autores como Wallace Stegner ou Norman Maclean. Una temporada para silbar é unha das súas mellores novelas, froito do seu particular xeito de entender a vida e a impoñente natureza de Montana.

4º) El proyecto esposa de Graeme Simsion
Don Tillman, profesor universitario, é un home atrapado nunha visión da realidade tan ríxida que nunca tivo unha segunda cita cunha muller. Coñecedor dos estudos que demostran que os homes que viven en parella son máis felices que os solteiros, embárcase no que bautiza O Proxecto Esposa para atopar a parella perfecta. Un relato hilarante e irresistiblemente romántico.

5º) La noche de los tiempos de Antonio Muñoz Molina

Grupo B:

1º) La noche de los tiempos de Antonio Muñoz Molina
En outubro de 1936 o arquitecto español Ignacio Abel chega a Pennsylvania procedente de España, deixando atrás a súa familia incomunicada nun país crebado pola guerra. Durante a viaxe lembra a historia de amor clandestino coa muller da súa vida e a crispación e desconcerto que precederon ao conflito fratricida.

2º) Una temporada para silbar de Ivan Doig


3º) El reflejo de las palabras de Kader Abdolah
Os lazos profundos e indestrutibles entre un pai e un fillo, capaces de perdurar a través do tempo e do espazo grazas ao poder aglutinante da arte e da lingua, son o fundamento narrativo desta novela orixinal e conmovedora, de marcado carácter autobiográfico. Así pois, por medio dos escritos do pai e os interrogantes do fillo, xorde a apaixonante historia do Irán do século XX, desde a implacable obstinación de Reza Kan en modernizalo ata a feroz represión do réxime dos aiatolás.

4º) Antoloxía do conto galego: século XX
Esta Antoloxía pretende ser unha panorámica do conto literario galego ao longo do século XX, desde a Xeración Nós aos escritores que comezaron a publicar durante os últimos anos do franquismo. Un período fundamental no que o conto galego acadou gran variedade de temas e unha extraordinaria e singular riqueza expresiva.

5º) La gran casa de Nicole Krauss
Imaxinemos un gran escritorio roubado, unha peza impoñente, con 19 caixóns cheos de segredos de todos os seus usuarios. Puido pertencer a Federico García Lorca, o primeiro dunha insólita cadea que conecta ao poeta con Daniel Varski, un autor chileno desaparecido baixo o terror de Pinochet e trasunto de Roberto Bolaño, veciño ocasional de Nova York que presta o escritorio a unha narradora en crise.

No mes de setembro abrirase de novo o prazo para inscribirse na próxima temporada desta actividade. As sesións comezarán a principios de outubro na Biblioteca Rialeda e serán os mércores, ás 17:30 horas.
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz comezarán a mediados de outubro e terán lugar os luns ás 18:30 horas.