20/11/10

Agustín Fernández Paz: Premio da Cultura Galega 2010

O escritor Agustín Fernández Paz foi galardoado co Premio da Cultura Galega 2010 no apartado de Letras (antigo Premio Nacional da Cultura Galega) en recoñecemento á sua traxectoria vinculada á literatura galega. A proposta foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada por mayoría.

Pola súa banda, o escritor rexeitou o premio remitindo ao
manifesto da plataforma Prolingua para explicar as razóns que o levaron a rexeitalo, se ben expresa "a gratitude ás persoas do xurado por pensaren en min e tamén polo que isto supón na puxanza da Literatura infantil e xuvenil galega".

Carta de Agustín Fernández Paz ao Consello da Cultura Galega.

19/11/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 19 de novembro:

- Infantil (nenos e nenas de 10 a 12 anos):

Rosa y Trufo, de Katja Reider
Editado por Thule

Unha historia de amor entre dous cochos que atopa problemas pola oposición da familia. Un clásico para os máis novos.

- Mozos-as e adultos-as:

Periferia, de Iolanda Zúñiga
Editado por Xerais

Luciana é unha rapaza das favelas de Sao Paulo que se introduce no narcotráfico a fin de axudar á súa nai. Unha novela da vida urbana do século XXI.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 18 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 18 de novembro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Pablísimo contará: “O ovo máis bonito", "Plácido e o dragón", "A vaca na baca" . Para os-as maiores de 6 anos Soledad Felloza contará: "Fonchito y la Luna", "Todos sus patitos", "Cómo reconocer a un monstruo".

16/11/10

Pósit poemas: aquí están todos!!!

Rematou Pósit poemas.
Podes ver o resultado da nosa convocatoria nesta galería.
Moitos versos, moitos-as "doadores-as" de versos respostaron á chamada da Biblioteca Rialeda.

Moitas grazas a todos-as.
Verso a verso amosamos a nosa paixón poética, en pósit (grazas á xornalista Marta Villar á que lle pedimos prestado o título do seu artigo)

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 17 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 17 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto con "O zapateiro", "O home e a serpe".

15/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros: martes 16 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca Manuel María de Oleiros o martes 16 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "999 salen de la charca", "Fonchito y la Luna", "Cuentos silenciosos".

Tertulia Literaria en Rialeda: 17 novembro 2010 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.

Consulta e descarga a nosa documentación.

Obras de Elizabeth Strout nas nosas bibliotecas.

13/11/10

Presentación do libro de Carlos Callón "En castellano no hay problema": mércores 17 de novembro

O mércores día 17 de novembro no Teatro As Torres de Santa Cruz, ás 20 horas a Asociación Cultural Vieiros en colaboración co Concello de Oleiros presentará o libro "En castellano no hay problema" de Carlos Callón, editado por Xerais.
Carlos Callón (Ribeira,1978) é presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural galega, desde o ano 2002. Preside tamén a Fundación Vía Galego e o Comité de Estado da Axencia Europea das linguas minoritarias. Participou no impulso da plataforma unitaria Queremos Galego. É profesor de lingua e literatura galegas en secundaria, autor de diversos traballos sobre sociolingüística e activo conferenciante.
No libro "En castellano no hay problema" xunta diversos textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, as reivindicacións sobre o mesmo, as posíbeis alternativas e convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade. En castellano no hay problema" é un libro moi útil no debate no que se atopa o galego.

12/11/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 12 de novembro:
- Infantil (nenos-as maiores de 8 anos):
"El prodigioso viaje de Edward Tulane" de Kate Dicamillo, en Noguer. Edward Tulane é un fachendoso e soberbio coello de porcelana. Vive nunha elegante mansión coa súa propietaria, a nena Abilene Tulane, con toda clase de luxos .Por desgraza, esta vida acaba para Edward o día que accidentalmente se ve separado de Abilene.
- Mozos-as e adultos-as:
"Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout, editado por El Aleph.
Trece relatos que nos achegan á vida cotiá de Olive Kitteridge, profesora xubilada, e os seus veciños, residentes nunha pequena vila costeira de Nova Inglaterra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 11 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 11 de novembro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke contará: “Ter amigos é divertido", "Pastel para inimigos". Para os-as maiores de 6 anos Fran Insua contará: "Xosefina ao asexo", "O circo estraño", "A merenda do señor Verde".

10/11/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Rosalía de Castro" de Santa Cruz " e "Xograr Mendiño" de Lorbé: mércores 10 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 10 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto con "Madre Chillona", "Fin Herman", "Malena Ballena".

Tamén o mércores 10 na
Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé poderás escoitar a Caxoto con "Contos de castañas e cogumelos"

8/11/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 10 novembro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "La ternura de los lobos" de Stef Penney.

Consulta e descarga a nosa documentación.
Obras de Stef Penney nas nosas bibliotecas.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 8 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 8 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na Hora do conto con "Lin Piao e Lu Sin" e "O castelo".

5/11/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 5 de novembro:

- Infantil:

Pregunta á Dra. Peteiro sobre os dinosauros, de Claire Llewellyn, ilustrado por Kate Sheppard.
Editado por Baía.
Libro de divulgación para nenos sobre o mundo dos dinosauros. Ilustrado con debuxos humorísticos e textos comprensíbeis para todas as idades. Axeitado para un primeiro achegamento sobre a materia. Formato relativamente grande.

- Mozos-as e Adultos-as:


Viaxe erótica e estética a través dos escritos de Don Rigoberto, un home maduro, o seu fillo Funchito e Lucrecia, a madrasta. Todos eles da man de Egon Schiele, pintor expresionista austríaco (1890-1918) e referente de Funchito.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.