21/4/25
Martes 22 de abril: Concerto "Poesíapoemas" de Francisco Castro en As Torres
Martes 22 de abril ás 19:30 h.
Concerto musical a cargo de Francisco Castro no que presentará un repertorio cunha escolla do mellor da poesía galega musicada dende os anos sesenta ata os nosos días.
Entre outros, escoitaremos poemas de Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra... así como poesía cantada de corte popular.
Francisco Castro recolle as versións dos grandes cantautores galegos e reinventa as cancións con ritmos diferentes (rock, pop, reagge...) nun espectáculo dinámico, no que todas as persoas poderán participar cantando, ao mesmo tempo que explicará a importancia de cada poema, do disco no que saíu, do artista que o traballou, etc.
O público asistente gozará con este espectáculo ao mesmo tempo que coñecerá ou lembrará a poesía e a música galegas.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
Hora do conto e actividades infantís: 22 a 25 de abril 2025
20/4/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (21 a 23 abril 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 21 de abril. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 22 de abril. 11:00 a 12:30 h.
Comentario de "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cantigas populares gallegas".
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 22 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Cantigas populares gallegas".
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 23 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Ceniza en la boca" de Brenda Navarro.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.
17/4/25
Actividades de promoción da lectura: 22 a 25 abril 2025
11/4/25
Recomendacións en Radioleiros: 11 abril 2025
10/4/25
Os máis prestados do 2024: libros para mocidade e persoas adultas
Pulsa na imaxe e coñece os títulos favoritos en cada categoría.
Desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros agradecemos o teu agarimo e fidelidade.
Moitas grazas por crear comunidade lectora!
Hora do conto e actividades infantís: 7 a 10 de abril 2025
6/4/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (7 a 10 abril 2025)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 7 de abril. 19 a 20:30 h.
Comentario de "Historia de los vertebrados" de Mar García Puig.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 8 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Azucre" de Bibiana Candía.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Nada" de Carmen Laforet.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 9 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Vi: una mujer minúscula" de Kim Thúy.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ceniza en la boca" de Brenda Navarro.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros
- Xoves 10 de abril. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ninguén queda" de Brais Lamela.
5/4/25
Recomendacións en Radioleiros: 4 abril 2025
Actividades de promoción da lectura: 8 e 9 abril 2025
4/4/25
Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril 2025
3/4/25
Programación tertulias literarias 3º trimestre (abril - xuño 2025)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
Monográfico "Literatura e formas de maternar e paternar: a familia"
Grupo A:
- Canción dulce, de Leila Slimani (2 a 30 abril)
- Os seres queridos, de Berta Dávila (30 abril a 14 maio)
- Ceniza en la boca, de Brenda Navarro (14 a 28 maio)
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (28 maio a 11 xuño)
Grupo B:
- Ceniza en la boca, de Brenda Navarro (9 a 23 abril)
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (23 abril a 7 maio)
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (7 a 21 maio)
- Canción dulce, de Leila Slimani (21 maio a 4 xuño)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
Monográfico: "Clásicos atemporais: un festín literario"
Grupo A:
- Nada, de Carmen Laforet (8 a 29 abril)
- Cantigas populares galegas (29 abril a 13 maio)
- El extranjero, de Albert Camus (13 a 27 maio)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (27 maio a 10 xuño)
Grupo B:
- El extranjero, de Albert Camus (1 a 22 abril)
- Cantigas populares galegas (28 abril a 6 maio)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (6 a 20 maio)
- Nada, de Carmen Laforet (20 maio a 3 xuño)
Grupo C (mañás):
- Cantigas populares galegas (22 abril a 13 maio)
- La felicidad conyugal, de Lev Tólstoi (13 maio a 10 xuño)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera.
Monográfico: "Identidade e espazos: outras formas de amor"
Grupo A:
- A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (7 abril a 12 maio)
- Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan (12 maio a 2 xuño)
Grupo B:
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (21 abril a 26 maio)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (26 maio a 9 xuño)
Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
Monográfico: "A historia dentro da Historia"
- Ninguén queda, de Brais Lamela (10 abril a 8 maio)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (8 maio a 12 xuño)
Martes 8 de abril: Presentación dos poemarios "Inspiración tiene nombre de mujer" e "Del desamor también se aprende" de Miguel Rodríguez Rico
Martes 8 de abril ás 19:30 h.
Intervirán: Miguel Rodríguez Rico e Carmen Abella Rodríguez.
Recitarán poemas: Antón Vázquez Seoane, Eva Cotelo Pérez, Uxía Veira Parcero.
A obra Inspiración tiene nombre de mujer está formada por vinte poemas e un epílogo nos que trata os aspectos da busca, o desencontro e a aprendizaxe. A temática principal é o amor, pero tamén presenta outras circunstancias como a soidade, o fracaso e a esperanza.
O poemario Del desamor también se aprende aborda o tema do desamor. Un traballo de introspección e reflexión persoal, pero tamén de paixón e lamento. Unindo melancolía e nostalxia, agradecemento e aprendizaxe, entrelázase na arte de vivir e aprender.
Miguel Rodríguez Rico é estudante de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicados catro libros: Claroscuro, Divagar, Del desamor también se aprende e Inspiración tiene nombre de mujer. Defínese como un apaixonado da literatura, destacando pola súa sensibilidade e capacidade para canalizar e plasmar as súas inquietudes de forma literaria.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.
1/4/25
Abril, mes dos libros: 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil
- Na Biblioteca Manuel María, en Oleiros: “2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil: rabo de cocha, rabo de besta, dixo o meu pai que estaba nesta”%20(1).jpg)
30/3/25
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (1 e 2 abril 2025)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 2 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El extranjero" de Albert Camus.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 2 de abril. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Canción dulce" de Leila Slimani.

















.jpg)
%20(3).jpeg)
%20(1).jpg)
.jpg)
.jpg)
