Co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan diversas actividades de fomento da lectura.
A Hora do Conto
>>> Para crianzas a partir de 5 anos:
Realizaranse ás 18.30 h.
- "Contos de aventuras" a cargo de Ramiro Neira, na Biblioteca Manuel María (Oleiros), o 1 de abril.
- "O traxe novo do rei" a cargo de Tarabelos Teatro, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 3 de abril.
- "Os libros da titiriteira" por A Xanela do Maxín, na Biblioteca Ánxel Fole (Nós), o 4 de abril.
- "Os chivos chivóns" a cargo de Catuxa Cela, na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda), o 7 de abril.
- "Anuncio por palabras" por Trémola Teatro, na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), o 10 de abril.
>>> Para crianzas de 2 a 4 anos:
Realizaranse ás 18.30 h.
- "Contos con tradición" por Pablo Díaz, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 2 de abril.
- "Os ratiños da caixa" por Trinketrinke Teatro, na Biblioteca Mª José Trincado (Mera), o 4 de abril.
Obradoiros
Para maiores de 6 anos:
Realizaranse ás 17.30 h.
- "Teatro de sombras" por Tarabelos Teatro, na Biblioteca Rosalía de Castro (Sta. Cruz), o 9 de abril.
- "Coas mans na masa" por OQO, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 10 de abril.
Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino
- "O traxe novo do rei", a cargo de Tarabelos Teatro, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 1 de abril, ás 10.30 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- O obradoiro "A poesía non morde", a cargo da poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 2 de abril, ás 10.30 e ás 12 h. (dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 2º da ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
- "Voar sen medo", a cargo de Chus Álvarez, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 2 de abril, ás 10 e ás 11.15 h. (dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
- O obradoiro "A metáfora visual", a cargo do ilustrador Miguel Cuba, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 3 de abril, ás 10.30 e ás 12 h. (dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º de ESO do IES María Casares (Bastiagueiro).
- O obradoiro "O bo se breve", a cargo da poeta Isabel Andrés, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), o 4 de abril, ás 9.20, 10.45 e ás 12.15 h. (son tres sesións). Dirixidas a alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
- Espectáculo poético/recital multimedia, a cargo da poeta Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 4 de abril, ás 10.30 e ás 12 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Bastiagueiro) e 2º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
- "Sabela e o paxaro máxico", a cargo de Tarabelos Teatro, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 8 de abril, ás 10.30 h. Dirixido a alumnado de 3º de primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- "Contos con tradición", a cargo de Pablo Díaz, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz), o 9 de abril, ás 10.30 h. Dirixido a alumnado de 5º de infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
Mostras bibliográficas
- A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) presenta a mostra bibliográfica, “Panorámica de obras galardoadas co Premio Andersen”
O Premio Hans Christian Andersen é considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e concédese como un recoñecemento á contribución excepcional a este tipo de literatura.
Nesta selección expoñeremos obras de autoras-es galardoadas-os co Premio Hans Christian Andersen nas categorías de escritoras-es e ilustradoras-es.
Destacando escritoras-es tan relevantes no mundo literario infantil e xuvenil como: Astrid Lindgren, Tove Jansson, Gianni Rodari, Maria Gripe, Christine Nöstlinger, Margaret Mahy e ilustradoras-es como Maurice Sendak , Tomi Ungerer, Anthony Browne, Roberto Innocenti, Quentin Blake ou Max Velthuijs.
Público ao que vai dirixida: infantil e xuvenil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: todo o mes de abril.
- Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) a mostra bibliográfica titulada “Sé o mito que queres ser”
Selección de libros infantís e xuvenís sobre mitoloxía e lendas do mundo que poden axudar a transmitir valores. Historias de superación, de valentía ou solidariedade, poden axudar ás nosas nenas e nenos a saír de certas situacións complicadas mentres se divirten e desfrutan da lectura.
Público ao que vai dirixida: público en xeral.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 1 ao 15 de abril.
Actividades: deseño do teu propio cartel para a porta da túa habitación “Non interromper, estamos lendo”.

Mostra de libros de folclore infantil con arrolos, adiviñas, trabalinguas, contos, cantigas, xogos para botar a sortes ou saber quen panda, trolas e incluso fórmulas para falar cos animais.
Público ao que vai dirixida: infantil e xuvenil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: 1 ao 11 de abril.
- Na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda): “De Miffy a Sam e Julia: unha ollada á literatura infantil e xuvenil holandesa”
Mostra de literatura infantil e xuvenil de autoras-es e ilustradoras-es dos Países Baixos, país patrocinador do Día do Libro Infantil e Xuvenil no ano 2025.
Público ao que vai dirixida: público en xeral.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 1 ao 18 de abril.
%20(1).jpg)
- Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera): “Unha viaxe a través dos contos clásicos”
Contos clásicos como Carapuchiña Vermella, A Cincenta, Brancaneves, entre outros, incluíndo tamén as versións modernas ou reinterpretacións destes contos.Público ao que vai dirixida: infantil e xuvenil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 1 ao 7 de abril.
- Na Biblioteca Ánxel Fole (Nós): “En abril...choiva de libros”
Libros ilustrados infantís e para adolescentes, de diferentes autoras-es
Público ao que vai dirixida: infantil e adolescente, de 0 a 12 anos.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: todo o mes de abril.
- Na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé): “O libro dos teus soños”
Público ao que vai dirixida: público en xeral.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 2 ao 23 de abril.
Actividades: “Deseñando portadas de libros imaxinarios”, as crianzas deberán inventar un título dun libro para logo debuxar a súa cuberta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario