1/10/20

Grazas por Mafalda, Quino!

Foto: quino.com.ar
Na esquina das rúas Chile e Defensa, no barrio porteño de San Telmo, agarda sentada Mafalda. Esta cativa, nacida en 1964 da imaxinación de Quino, espera por todas as persoas que a queren en todo o mundo. Sempre rodeada de amigas-os, hoxe quedou un pouco triste. Quino foise deixándonos unha filla, unha irmá, unha amiga marabillosa que cuestionou a orde do mundo, que fixo todas as preguntas (con e sen resposta), que se rebelou contra o peor de nós mesm@s e faloulle con sentido común á humanidade. 
Segue agardando nese banco por nós, Mafalda! 
Nas bibliotecas, nas casas e nos corazóns, xa estás. 
Grazas, Quino!

Fragmento da Autobiografía de Quino: "Al son de esta nana nace, en 1932, en Mendoza (Argentina) un bebé llamado Joaquín Salvador Lavado Tejón, «Quino», de padres andaluces. Como papá y mamá son españoles, «todos los españoles son personas estupendas». Pero a los cuatro años (1936) el pequeño Quino descubre que andan por ahí unos españoles malísimos, que están matando a los españoles buenos. Alemanes, italianos, curas y monjas son personas malísimas porque están de parte de los españoles malos...".

Visita a expo bibliográfica adicada a Quino na Biblioteca Central Rialeda. Nas bibliotecas de Oleiros ofrecémosche os títulos que podes ver nesta ligazón. En eBiblio, "Mafalda: todas las tiras" e "El amor según Mafalda".

28/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto: 28 de setembro a 2 de outubro 2020

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 28 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Príncipas e princesos”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 29 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: O mago Paco
TÍTULO: “Maxia divertida 3.0”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 30 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os de 3 a 5 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ana Facchini
TÍTULO: “Bechiños”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 1 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Moc Moc MeRe Clown
TÍTULO: “Os contos do avó: lendas e historias de Galicia”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 1 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Títeres Cachirulo
TÍTULO: “A cabeza do dragón”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 2 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os de 3 a 5 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Animar-T
TÍTULO: “Onde está o vento?: contacontos musical”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 2 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contos para pasalo de medo”
 

                                                      AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

25/9/20

Recomendacións en Radioleiros: 25 setembro 2020

- Infantil (a partir de 6 anos):

No corazón da balea, de Antonio Manuel Fraga e ilustrado por Xan López Domínguez
Tambre, 2018

Aicí e Reibax viven na illa Pepereta. Unha mañá, camiño da escola, entran na carpa dun vello circo e atopan algo abraiante: un submarino con forma de balea. Como chegaría e este lugar?

Un libro de aventuras que nos lembra a Verne e a outros clásicos con estupendas ilustracións de Xan López Domínguez.

- Mozas/os e adultas/os:

Manhattan Beach, de Jennifer Egan
Salamandra, 2019

A Nova Iorque dos anos trinta e corenta aparece nesta obra da gañadora do Pulitzer, centrada nos asteleiros de Brooklyn onde hai personaxes como Anna, que traballa como mergulladora naval, o seu pai desaparecido e diversos integrantes da mafia. Unha trama histórica que anticipa as mudanzas sociais do período posterior á 2ª Guerra Mundial.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


18/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto: 21 a 25 de setembro 2020

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 21 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os de 3 a 5 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Cando os libros despregan as súas fantasías”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 22 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os de 3 a 5 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O reloxo da risa”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 23 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Títeres Cachirulo
TÍTULO: “A cabeza do dragón”
 
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 
Xoves 24 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: María Canosa
TÍTULO: “Contacontos para nenos e nenas”
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Xoves 24 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Os monicreques de Kukas
TÍTULO: “Xan Perillán vai á biblioteca”
 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 25 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Aventureiras intrépidas”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 25 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Anxo Fariña
TÍTULO: “Dulcinea, a nena cabaleira”

                                                                        AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 18 setembro 2020

- Infantil:

"Irene nos Andes", adaptación de contos e textos, Leslie Guzmán e Maribel Tellado; ilustracións de Alicia Suárez Otero. Editado por Solidariedade Internacional de Galicia.
Versión pdf en castelán.

Catro historias doutros tantos países andinos da man da ONG Solidariedade Internacional, que tratan da natureza e o seu medio para lectoras e lectores a partir dos seis anos. Apéndice con xogos e actividades.

- Mozas-os e adultas-os:

"Tierra de mujeres: una mirada íntima y familiar al mundo rural" de María Sánchez. En Seix Barral.
Versión dixital en eBiblio.

A poeta e veterinaria María Sánchez tráenos este ensaio arredor do papel das mulleres no rural, invisible até hai pouco. Un texto de gran rigor no contido, que participa do debate feminista e con calidade literaria.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

11/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto: 14 a 18 de setembro 2020

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 14 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “Bibliotemaxia”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 15 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Bandullo Azul
TÍTULO: “C@anta contos - Filipa cos contos”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 17 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Historias da marquesa”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Cantacontos”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “A maxia de Mary Poppins”

                                                                        AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 11 setembro 2020

- Inf
antil:
 
"Somos os monstros" de Paula Carballeira; ilustracións de Ignacio Hernández. En Xerais. 
 
O texto, que foi X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, tráenos unha historia dunhas-duns nenas-os que se meten no bosque despois dun lume. O medo ao descoñecido e a propia natureza humana son tratados por Paula Carballeira coa súa calidade habitual.
 
- Mozas-os e adultas-os:
 
"Los europeos: tres vidas y el nacimiento de la cultura cosmopolita" de Orlando Figes. Editado por Taurus.
 
Os camiños de ferro comezan a transformación cultural de Europa a mediados do século XIX. Un tempo de mellora das comunicacións que posibilitou a suba das edicións de libros, traducións de autores estranxeiros, concertos musicais cos propios autores, mostras pictóricas e outras manifestacións que conformaron un canon cultural europeo. Un libro oportuno que mestura as grandes mudanzas coas anécdotas e os detalles íntimos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

8/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto, de setembro a novembro, nas Bibliotecas Municipais. Gózaas!

Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os entre os meses de setembro e novembro as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!

Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
 
Participarán Charo Pita, Fátima Fernández, Trémola Teatro, Os monicreques de Kukas, Títeres Cachirulo, Soledad Felloza, Ramiro Neira, Anxo Fariña, Ana Facchini, Eduvía, Paula Carballeira, Animar-t, Migallas Teatro, Caxoto, Leo Leiño, Pablísimo, Carmen Domech, Bandullo Azul, O mago Paco, Raquel Queizás, Pavís Pavós, María Canosa e Moc Moc MeRe Clown. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
 
Accede a toda a info nesta ligazón!!!

AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

4/9/20

Recomendacións en Radioleiros: 4 setembro 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1687987- Infantil:

Bechopoemas e outras bestas, de Leire Bilbao, con ilustracións de Maite Mutuberria
Kalandraka, 2019

A curuxa, o león e o polbo, son entre outros, protagonistas deste libro divertido e rebuldeiro con gran musicalidade e apto para todos os públicos. Ilustracións con tinta e cores case surrealistas.

- Moz@s e adult@s:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1732446Testamento de juventud, de Vera Brittain
Periférica & Errata Naturae, 2019

Unha rapaza inglesa de provincias tenta mellorar as súas expectativas vitais e laborais con pouca comprensión dos seus pais cando a I Guerra Mundial comeza. Incorporada como enfermeira, a súa testemuña será un clásico que aínda hoxe está de plena actualidade.

No 2014, o director de cine británico James Kent realizou a adaptación cinematográfica que podes levar en préstamo en Rialeda.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/8/20

Recomendacións en Radioleiros: 28 agosto 2020

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1799000
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros- Infantil (a partir de 10 anos):
Versión dixital en Galiciale

A Edelmira non lle gusta o seu avó polo seu carácter túzaro. Un verán na aldea pode ser terrible pero todo muda coa chegada de dous nenos para mergullalos nunha extraordinaria aventura.

- Moz@s e adult@s:

El final del affaire, de Graham Greene
Libros del Asteroide, 2019
Versión dixital en Galiciale

Considerado un dos mellores textos do escritor inglés, narra unha historia no Londres de 1946. Dous amigos atópanse de novo nunha trama de luces e sombras coa muller dun deles de fondo e un pouso autobiográfico na historia. Epílogo de Mario Vargas Llosa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/8/20

Centenario de Isaac Díaz Pardo na Bibioteca de Santa Cruz

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1855054
Con motivo do centenario do nacemento do intelectual galeguista e mecenas das artes Isaac Díaz Pardo unímonos na biblioteca de Santa Cruz ao acto que se celebrou o pasado 18 de xullo no Castelo de Santa Cruz coa inauguración dunha exposición memorial sobre este artista.

Na sala de préstamo temos unha pequena selección de libros de ou sobre Isaac Díaz Pardo para levar en préstamo ou consultar nas salas de lectura da biblioteca, onde se inclúe o libro “Ensamble Isaac” que é o catálogo da exposición sita no mencionado castelo.

"Ensamble Isaac" amosa un proxecto multidisciplinar onde pintura, cerámica, fotografía, literatura e música se misturan para celebrar e homenaxear a obra e a persoa de Isaac Díaz Pardo. Nas verbas do seu impulsor, autor e editor Pacodíaz (Francisco César Díaz Sánchez), trátase de "Unha edición esencialmente plástica, que se organiza sen capítulos, que vai fluíndo páxina a páxina cara ao coñecemento da magnitude existencial de Isaac Díaz Pardo e o seu proxecto vital."

Esta incomparable e coidada edición en gran formato pódese desfrutar en calquera das sete bibliotecas municipais.

Unha figura tan importante para a cultura galega como a de Isaac merece ser lembrada por todas e todos, de aí a nosa pequena contribución na loa deste escritor, pintor, ilustrador e sobre todo unha das figuras artísticas máis relevantes do século vinte.

Grazas Isaac polo teu legado!

21/8/20

Recomendacións en Radioleiros: 21 agosto 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1029991&viewallitems=1&offset=80&homebranch=&ob=dateaccessioned&sb=DESC- Infantil (a partir de 8 anos):

Estamos no verán!!!, de Xoán Curiel e Charo Pita
Galaxia, 2014

No comezo dun verán un grupo de amigos soña con ter un grupo de música e farán un esforzo para conseguilo. Ilustracións de Iván R. e cd con varias cancións.

- Moz@s e adult@s:

La gran fortuna, de Olivia Manning
Libros del Asteroide, 2020

Unha parella inglesa chega a Bucarest pouco antes de comezar a II Guerra Mundial e tenta integrarse nun mundo que está mudando. Mestura de sentimentos e situación política no 1939 nunha trama moi ben construida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/8/20

Recomendacións en Radioleiros: 14 agosto 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1733475- Infantil (a partir de 8 anos):

Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro ; ilustracións de Bea Gregores
Galaxia, 2019

Unha antoloxía de poemas pola paz dun dos poetas galegos que máis traballou nesta temática completada polas ilustracións dunha profesional como Bea Gregores, nunha magnífica edición en tapa dura.

- Moz@s e adult@s:

Una historia de la luz, de Jan Němec
Errata naturae, 2019

A vida novelada de František Drtikol (1883-1961), considerado o primeiro fotógrafo relevante de Checoslovaquia. Comeza de neno cun profesional local, pasando despois a Munich e inaugurando un estudo en Praga (1910). Pasou por diferentes etapas desde o pictorialismo ao simbolismo e as vangardas.
Un libro que nos dará a oportunidade de pasear polo século XX artístico e político.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Cecilia Monllor recomenda...

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-32424.pdf

A xornalista e coordinadora dos clubs de lectura da Biblioteca Rialeda, Cecilia Monllor, recomenda 8 títulos para diferentes padais literarios

Aínda estás a tempo de tomalas prestadas na Biblioteca Central Rialeda ou na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ou descargar a súa versión electrónica en Galiciale.

Queda moito verán para desfrutar con boas lecturas!