24/8/20

Centenario de Isaac Díaz Pardo na Bibioteca de Santa Cruz

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1855054
Con motivo do centenario do nacemento do intelectual galeguista e mecenas das artes Isaac Díaz Pardo unímonos na biblioteca de Santa Cruz ao acto que se celebrou o pasado 18 de xullo no Castelo de Santa Cruz coa inauguración dunha exposición memorial sobre este artista.

Na sala de préstamo temos unha pequena selección de libros de ou sobre Isaac Díaz Pardo para levar en préstamo ou consultar nas salas de lectura da biblioteca, onde se inclúe o libro “Ensamble Isaac” que é o catálogo da exposición sita no mencionado castelo.

"Ensamble Isaac" amosa un proxecto multidisciplinar onde pintura, cerámica, fotografía, literatura e música se misturan para celebrar e homenaxear a obra e a persoa de Isaac Díaz Pardo. Nas verbas do seu impulsor, autor e editor Pacodíaz (Francisco César Díaz Sánchez), trátase de "Unha edición esencialmente plástica, que se organiza sen capítulos, que vai fluíndo páxina a páxina cara ao coñecemento da magnitude existencial de Isaac Díaz Pardo e o seu proxecto vital."

Esta incomparable e coidada edición en gran formato pódese desfrutar en calquera das sete bibliotecas municipais.

Unha figura tan importante para a cultura galega como a de Isaac merece ser lembrada por todas e todos, de aí a nosa pequena contribución na loa deste escritor, pintor, ilustrador e sobre todo unha das figuras artísticas máis relevantes do século vinte.

Grazas Isaac polo teu legado!

No hay comentarios:

Publicar un comentario