23/9/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a Igualdade: 23 a 27 de setembro 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2019/08/ler-conta-moito-e-actividades-infantis.html
PRAZAS LIMITADAS: IMPRESCINDIBLE RESERVAR CON 10 DÍAS DE ANTELACIÓN

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda (tfno.: 981 626 638)
Luns 23 de setembro, ás 18:30 h.

Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Pablo Díaz
ACTIVIDADE: “Contacontos para bebés”

Mércores 25 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido"

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós (tfno.: 981 664 257)
Luns 23 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos 
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido"

Venres 27 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos 
CONTACONTOS: Pakolas
TÍTULO: “As parábolas de Pakolas"

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros (tfno.: 981 610 700)
Martes 24 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Sarabela Teatro
TÍTULO: Isto non é unha caixa

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé (tfno.: 981 618 201)
Martes 24 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 3 anos 
ARTISTA: Marionetas Trécola
ESPECTÁCULO: “Xogo revolto”

Xoves 26 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
ARTISTA: Mago Pedro Bugarín
ESPECTÁCULO: Maxia para todxs!

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (tfno.: 981 626 338)
Mércores 25 de setembro, ás 17,30 h.

Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Ciencia en Ruta
ACTIVIDADE: “Obradoiro de foguetes”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (tfno.: 981 639 511)
Xoves 26 de setembro, ás 18,30 h.

Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Trémola Teatro
ACTIVIDADE: “Qué animaliño é?”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera (tfno.: 981 628 507)
Venres 27 de setembro, ás 18,30 h.

Para nenas-os a partir de 3 anos
CONTACONTOS: Gloria Mosquera e Diego Maceiras (Mamá Cabra)
ACTIVIDADE: “Contacontos para un mundo mellor"

20/9/19

Recomendacións en Radioleiros: 20 setembro 2019

https://youtu.be/mqy-SSyvZA0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1437115&viewallitems=1&offset=0&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil:
"A raíña das tortas" de Álex Mene e Blanca G. Crespán. En Alvarellos.
Martiño e a súa nai son reposteiros habituais: pasteis e tortas de ameixas, cereixas… saen da súa cociña. Un día o forno non funciona e Martiño decide exercer de electricista mais o amaño non é tan doado como semellaba. Unha historia con humor e estupendas ilustracións de Blanca G. Crespán.

- Mozas-os e adultas-os:
"Una hermana" de Bastien Vivès. Editado por Diábolo Ediciones.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1251540
Nun verán na Bretaña francesa, Antoine de 13 anos comparte casa con Hélène de 16 no que será o seu paso da infancia á mocidade. Unha narración en banda deseñada cun ritmo áxil e un debuxo moi orixinal, explicada dun xeito sutil, en ocasións sen texto, que sempre consegue transmitirnos emocións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/9/19

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a Igualdade: 16 a 20 de setembro 2019


http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2019/08/ler-conta-moito-e-actividades-infantis.html
PRAZAS LIMITADAS: IMPRESCINDIBLE RESERVAR CON 10 DÍAS DE ANTELACIÓN


Luns 16 de setembro, ás 18:30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
ARTISTA: Paco Nogueiras
ESPECTÁCULO: “Radio Bulebule”


Martes 17 de setembro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
ACTIVIDADE: Obradoiro de marionetas de variñas


Mércores 18 de setembro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Ceo Aberto
ACTIVIDADE: “A ciencia de Harry Potter”


Xoves 19 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 3 anos 
ARTISTA: Olga Brañas
ESPECTÁCULO: “Pitusa semifusa”


Xoves 19 de setembro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Ceo Aberto
ACTIVIDADE: “A ciencia de Harry Potter”


Venres 20 de setembro, ás 18,30 h.
Para bebés de 1 a 3 anos
CONTACONTOS: Cris de Caldas
TÍTULO: “Kenka un kenko!”


Venres 20 de setembro, ás 17,30 h.
Para nenas-os a partir de 6 anos
MONITORADO: Miguel Cortés
ACTIVIDADE: “Os catro tesouros"

13/9/19

Recomendacións en Radioleiros: 13 setembro 2019

https://youtu.be/v1ywbTgDZYc
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=candido+demas+fran&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (menores de 6 anos):


O primeiro que vemos cando abrimos o libro é a Cándido. É diferente ao resto, así que nos empeza a contar como se sente. Di que algúns días se sente raro, outros peculiar, outros distinto, outros especial, ás veces incomprendido e outros é el quen non comprende aos demáis. Todo isto faino consciente de que vive nun mundo complexo no que é difícil ubicarse. Bueno… alomenos hai algo que comparte co resto do mundo: como a todos, encántalle o verán … mmmm! Aínda que non sei… seguro que a todos???

- Mozas/os e adultos:


https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=sentido+final+julian+barnes&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEA novela ten dúas partes narradas en primeira persoa polo seu protagonista, Tony Webster. Na primeira rememora o seu pasado de estudante xunto co seu grupo de amigos. A segunda parte lévanos corenta anos adiante. Tony está xubilado, divorciado e ten unha filla. Recibe unha herdanza inesperada que abrirá a caixa de Pandora e poñerá a comprensión da súa vida totalmente patas arriba.

Un exercicio moi interesante sobre a memoria. O que creíamos firmemente con vinte anos, dudámolo con corenta e sabémolo falso aos sesenta.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/9/19

Club de lectura de Literatura Fantástica: tempada 2019-20

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29125.pdf
Inscrición aberta desde o xoves 19 de setembro a partir das 8,15 h. poderaste inscribir no Club de Literatura Fantástica de Biblioteca Rialeda. A inscrición deberá ser por teléfono (981 639 511) ou persoalmente na propia biblioteca. SÓ HAI 15 PRAZAS!

Unha vez ao mes gozaremos do pracer de viaxar a outros mundos e a outros tempos.

Anímate a participar!
- É unha actividade de balde
- Emprestámosche o libro


A primeira reunión será o venres, 4 de outubro, ás 18,30 horas.

Se o pensas demasiado, teremos que apuntarte na listaxe de agarda!

Ler conta Moito e actividades infantís de dinamización á lectura que promoven a Igualdade: 12 e 13 de setembro 2019


PRAZAS LIMITADAS: IMPRESCINDIBLE RESERVAR CON 10 DÍAS DE ANTELACIÓN

Xoves 12 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Migallas Teatro
TÍTULO: “Elas pintan moito”

Venres 13 de setembro, ás 18,30 h.
Para nenas-os a partir de 4 anos
CONTACONTOS: Aldaolado
TÍTULO: “A ovella Engracia”

6/9/19

Recomendacións en Radioleiros: 6 setembro 2019

https://youtu.be/WyyCOwtQYf8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1338457&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 4 anos):

O raposo Rufo en receitas cativas, de Dani Viéitez e Iria Iglesias
Embora

Da man do raposo Rufo e baixo a supervisión dun adulto, este libro pretende que pequenas e pequenos aprendan a preparar pratos divertidos coñecendo o mundo dos alimentos e a cociña saudable. Receitas sen moita complicación e con interesantes ilustracións.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1493556&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLELos colores del incendio, de Pierre Lemaitre
Salamandra

Continuando a trama iniciada en Nos vemos allá arriba, Lemaitre trasládanos á Francia dos anos 1927 a 1933 coa familia Péricourt como nexo. A morte do patriarca Marcel é o comezo dunha nova etapa nos negocios que levan á súa filla Madeleine a unha situación extrema, na que veremos envexas, traicións e chantaxes nunha historia familiar, social, empresarial e política. O mellor Lemaitre nesta aportación que o confirma como un dos escritores máis destacados da narrativa francesa actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.