22/4/19

23 de abril: celebración do Día do Libro

https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000367728_spa
- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros
- O bo, se breve...: achegamento á microficción, a cargo da poeta e licenciada en filoloxía hispánica Isabel Andrés.
23 de abril, ás 9:00 e 11:30 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
- Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, a cargo de Soledad Felloza.
23 de abril, ás 10:30 para alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros) e 3 de maio ás 12:05, ambas sesións na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
- Oficina de obxectos perdidos, a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
24 de abril, ás 10:00 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 2º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
- Voar sen medo de Agustín Fernández Paz, a cargo da actriz e mestra de teatro Chus Álvarez.
25 de abril, ás 10:20 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 5º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera) e 29 de abril, ás 10:00 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
- Cervantes Vs Shakespeare, a cargo do actor e contador de contos Caxoto.
25 de abril, ás 12:15 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- Rato canguro, a cargo de TrinkeTrinke Teatro.
25 e 26 de abril, ás 10:15 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 6º de EI do Colexio Cristo Rey. O 2 de maio, ás 10:20 e 11:50 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 5º e 6º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera). O 3 de maio, ás 10:15 e 11:45 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 5º e 6º do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
- Pártome e móndome: os textos humorísticos, a cargo da poeta e licenciada en filoloxía hispánica Isabel Andrés.
25 de abril, ás 9:00 e 11:30 e o 26 de abril ás 10:30 na Biblioteca Manuel María (Oleiros) para alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
- Continentes, a cargo da actriz e mestra de teatro Chus Álvarez.
26 de abril, ás 10:20 e 11:50 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- A Odisea, a cargo da actriz e contadora de contos Charo Pita.
30 de abril, ás 10:00 e 11:10 na Biblioteca Manuel María (Oleiros) para alumnado de 5º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros).
- O corazón delator e outros contos de Edgar Allan Poe, a cargo da actriz Soledad Felloza.
3 de maio, ás 10:35 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).

Actividades de promoción da lectura para público infantil fóra de horario escolar 

- Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Mostra bibliográfica de Tomi Ungerer.
Para lembrar a este escritor e ilustrador, recentemente falecido, autor de obras tan coñecidas como Os tres bandidos, Ningún bico para mamá, El sombrero, El hombre de la luna, Flix, Allumette, Adelaida, etc., que gañou o Premio Andersen en 1998.
Xoves, 2 de maio, ás 18:30, “A durmir”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Ramiro Neira.
Xoves, 25 de abril, ás 18:30, “O xornal de Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de TrinkeTrinke.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores, 24 de abril, ás 18:30, “Que ven o lobo!”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Charo Pita.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres, 26 de abril, ás 18:30, “Contos e contos e máis contos” para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Ramiro Neira.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns, 29 de abril, ás 18:30, “Quen dixo medo?”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Charo Pita.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres, 26 de abril, ás 18:30, “Levántate Xan!!!”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Caxoto.
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes, 23 de abril, ás 18:30, “O corazón envolto en papel”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Paula Carballeira.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves, 25 de abril, ás 18:30, “Fórmulas máxicas para atopar tesouros”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Soledad Felloza.

Actividades de promoción da lectura para mozas-os fóra de horario escolar
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Mostra bibliográfica de Rafael Sánchez Ferlosio, para lembrar ao insigne escritor, recentemente falecido, autor de obras tan coñecidas como El Jarama, Industrias y andanzas de Alfanhuí, El alma y la vergüenza, El huésped de las nieves, etc.,  que recibiu o Premio Cervantes en 2004 e o Premio Nacional das Letras Españolas en 2009.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Luns, 29 de abril, ás 17:30, conmemoración do 80 aniversario do falecemento do poeta Antonio Machado cun recital poético a cargo de Soledad Felloza.
Debido a que no club de lectura da Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz se está lendo a poesía de Antonio Machado, o comentario destas lecturas acompañarase do recital poético a cargo de Soledad Felloza para aproximarnos ao sentir deste camiñante reflexivo, de mirada profunda, que lle canta a Castela, chora a morte de Lorca, reflexiona sobre España e se angustia polo paso do tempo. E todo nun estilo sobrio e claro no que as formas populares se mesturan con outras máis cultas. Dende as bibliotecas municipais, invítase ás persoas que desexen gozar da poesía deste camiñante “que fai camiño ao andar”.

Tertulia literaria en Rialeda: 24 abril 2019 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "No voy a pedirle a nadie que me crea" de Juan Pablo Villalobos
Documentación

Seguinte lectura: "Liquidación de existencias" de Ramón Caride Ogando

17/4/19

Hora do conto e actividades infantís: 23 a 26 de abril 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todas as sesións son ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 23 de abril 
Celebramos o Día do Libro
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) 
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “O corazón envolto en papel”


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 24 de abril 
Celebramos o Día do Libro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Que vén o lobo!!!”

 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 25 de abril 
Celebramos o Día do Libro
Para nenas-os a partir de 4 anos  (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “O xornal de Lonxedetodo”
 

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 25 de abril 
Celebramos o Día do Libro
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)  
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Fórmulas máxicas para atopar tesouros”


Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera 
Venres 26 de abril  Celebramos o Día do Libro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos e contos e máis contos"

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 26 de abril 
Celebramos o Día do Libro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Levántate Xan!!!”

15/4/19

Actividades de promoción da lectura: de 23 a 26 de abril 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 23 a 26 de abril:
Martes 23 de abril:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 3º de ESO
do IES Neira Vilas (Perillo).
"O bo, se breve..." con Isabel Andrés.
Mércores 24 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 2º de EP
do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Oficina de obxectos perdidos" con Ramiro Neira.
Xoves 25 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5 anos do Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Rato canguro" a cargo de Trinke Trinke.
Venres 26 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5 anos do Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Rato canguro" a cargo de Trinke Trinke.
Martes 23 de abril:
- 10:30: Alumnas-os de 4º de ESO
do IES Miraflores (Oleiros).
"Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán" a cargo de Soledad Felloza.
Xoves 25 de abril:
- 10:20: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Voar sen medo"con Chus Álvarez.
- 12:15: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Cervantes vs Shakespeare", a cargo de Caxoto.
Venres 26 de abril:
- 10:20 e 11:50: Alumnas-os de 3º e 4º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Continentes" con Chus Álvarez.
  
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Xoves 25 de abril:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato
do IES Miraflores (Oleiros).
"Pártome e móndome" con Isabel Andrés.
Venres 26 de abril:
- 10:30: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Pártome e móndome" con Isabel Andrés.

12/4/19

Recomendacións en Radioleiros: 12 abril 2019

https://youtu.be/voKpnLDwQeQ
- Infantil (máis de 6 anos):

Lola e as 21 vacas, de Blas Rueda, ilustrado por Blanca Millán
Triqueta Verde

Lola pinta na súa mesa lúas, estrelas e tamén astronautas soñadoras. De súpeto escoitase algo… semella o bruído dunha vaca. Vacas correndo pola casa!!! Escaparónselle ao vaqueiro que está no costureiro de mamá?. Lola ten que atopalas, recollelas e devolvelas co seu vaqueiro antes que os maiores volten.

- Mozas/os e adultas/os:

Un destripador de antaño y otros cuentos, de Emilia Pardo Bazán
Alianza Editorial

Edición que recolle quince relatos da extensa producción cuentística da autora. A maioría forman parte dos denominados contos rurais.

Un destripador de antaño está baseado nunha lenda, nun rumor que fala do boticario e dos métodos que segue para preparar as súas mediciñas. Noutro relato amosa a crudeza coa que os labregos tratan as fillas, golpeadas ata deixalas desfiguradas por mercar medias vermellas.

Relatos moi intensos e dramáticos, cheos de matices que descubren modos de vida moi diferentes dos actuais pero nos que con todo podemos recoñecer feitos claramente contemporáneos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/4/19

Hora do conto e actividades infantís: 8 a 12 de abril 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 8 de abril, ás 18:30

Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Debaixo das tellas hai unha anduriña"

 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 9 de abril,
ás 18:30
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) 
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Lonxedetodo: un modelo de comunidade”


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 10 de abril,
ás 18:30 
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “O berce das verbas”

 

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 11 de abril,
ás 17:30 
Para nenas-os a partir de 6 anos   Aforo completo!!!
MONITORADO: El caldero de Peltre
ACTIVIDADE: “Un día de clases en Hogwarts”

 

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 11 de abril,
ás 18:30
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)  
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “Lonxedetodo: un modelo de comunidade”


Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera 
Venres 12 de abril, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: Manel Cráneo
ACTIVIDADE: “Obradoiro de debuxos animados"

Recomendacións en Radioleiros: 5 abril 2019

https://youtu.be/zzsiH5UrMQs
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1479624&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Infantil:
"Onde están todos?", escrito e ilustrado por Remy Charlip. En Lata de Sal.
O polifacético Remy Charlip escribiu nos primeiros sesenta este libro recuperado agora por Lata de Sal. Un regalo para as-os máis novas-os que xunta ilustracións cun texto que responde á pregunta do título: onde están todos cando o sol desaparece?. Un paseo estético e de coñecemento para nenas-os e adultas-os.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=951851&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1 
- Mozas-os e adultas-os:
"Paseos con mi madre" de Javier Pérez Andújar. Editado por Tusquets.
Un texto a camiño entre o xornalismo e a memoria familiar polos barrios de Barcelona na que medrou o autor nos anos sesenta e setenta. Unha nova visita permítelle a Pérez Andújar comentar como medrou o Besòs coa inmigración española primeiro e estranxeira despois, conformando unha paisaxe sociolóxica na que vemos o último tramo do franquismo e o primeiro da democracia. A distancia mental entre os barrios e o centro da cidade que resume nunha frase: “Barcelona es una gran pensión donde los dueños no ponen de comer”.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 8 a 12 de abril 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 8 a 12 de abril:
Luns 8 de abril:
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP do
CEIP Valle-Inclán (Perillo). 
Visita á biblioteca e contacontos con Ramiro Neira.
Martes 9 de abril:
- 9:45: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
Visita á biblioteca e contacontos con Ramiro Neira.
Xoves 11 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Venres 12 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"O corazón delator e outros contos" con Soledad Felloza.
Martes 9 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO
do IES María Casares (Santa Cruz).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Mércores 10 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Viaxando pola noite", a cargo de Ramiro Neira.
Xoves 11 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 2º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Poesía e teatro de Federico García Lorca", a cargo de Soledad Felloza.
Venres 12 de abril:
- 10:30: Alumnas-os de 1º de ESO  do IES Miraflores (Oleiros).
"Viaxando pola noite", a cargo de Ramiro Neira.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 9 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Saltón no camiño e outras historias de ratiños" con Charo Pita. 
Mércores 10 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Xoves 11 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.
Venres 12 de abril:
- 10:00: Alumnas-os de 5º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Sensacións debuxadas" con Manel Cráneo.

2/4/19

Tertulia literaria en Rialeda: 3 abril 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-30119.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El vagón de las mujeres" de Anita Nair
Documentación

Seguinte lectura: "La vida negociable" de Luis Landero

3º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2019-01-16T13:54:00%2B01:00&max-results=20&start=20&by-date=false
"La ley del menor" de Ian McEwan

Datas:
Abril: días 10 e 24
Maio: días 8 e 22
Xuño: día 5

3º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
"As voces baixas" de Manuel Rivas
"El ferrocarril subterráneo" de Colson Whitehead

Datas:
Abril: día 3
Maio: días 15 e 29
Xuño: día 12

3º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
Abril: días 8 e 29
Maio: días 13 e 27
Xuño: día 10