22/4/19

23 de abril: celebración do Día do Libro

https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000367728_spa
- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino de Oleiros
- O bo, se breve...: achegamento á microficción, a cargo da poeta e licenciada en filoloxía hispánica Isabel Andrés.
23 de abril, ás 9:00 e 11:30 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
- Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, a cargo de Soledad Felloza.
23 de abril, ás 10:30 para alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros) e 3 de maio ás 12:05, ambas sesións na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
- Oficina de obxectos perdidos, a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira.
24 de abril, ás 10:00 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 2º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
- Voar sen medo de Agustín Fernández Paz, a cargo da actriz e mestra de teatro Chus Álvarez.
25 de abril, ás 10:20 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 5º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera) e 29 de abril, ás 10:00 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
- Cervantes Vs Shakespeare, a cargo do actor e contador de contos Caxoto.
25 de abril, ás 12:15 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- Rato canguro, a cargo de TrinkeTrinke Teatro.
25 e 26 de abril, ás 10:15 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 6º de EI do Colexio Cristo Rey. O 2 de maio, ás 10:20 e 11:50 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 5º e 6º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera). O 3 de maio, ás 10:15 e 11:45 na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) para alumnado de 5º e 6º do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
- Pártome e móndome: os textos humorísticos, a cargo da poeta e licenciada en filoloxía hispánica Isabel Andrés.
25 de abril, ás 9:00 e 11:30 e o 26 de abril ás 10:30 na Biblioteca Manuel María (Oleiros) para alumnado de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
- Continentes, a cargo da actriz e mestra de teatro Chus Álvarez.
26 de abril, ás 10:20 e 11:50 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
- A Odisea, a cargo da actriz e contadora de contos Charo Pita.
30 de abril, ás 10:00 e 11:10 na Biblioteca Manuel María (Oleiros) para alumnado de 5º de Primaria do CEIP Rabadeira (Oleiros).
- O corazón delator e outros contos de Edgar Allan Poe, a cargo da actriz Soledad Felloza.
3 de maio, ás 10:35 na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) para alumnado de 2º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).

Actividades de promoción da lectura para público infantil fóra de horario escolar 

- Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Mostra bibliográfica de Tomi Ungerer.
Para lembrar a este escritor e ilustrador, recentemente falecido, autor de obras tan coñecidas como Os tres bandidos, Ningún bico para mamá, El sombrero, El hombre de la luna, Flix, Allumette, Adelaida, etc., que gañou o Premio Andersen en 1998.
Xoves, 2 de maio, ás 18:30, “A durmir”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Ramiro Neira.
Xoves, 25 de abril, ás 18:30, “O xornal de Lonxedetodo”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de TrinkeTrinke.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores, 24 de abril, ás 18:30, “Que ven o lobo!”, contacontos para nenas-os a partir de 4 anos a cargo de Charo Pita.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres, 26 de abril, ás 18:30, “Contos e contos e máis contos” para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Ramiro Neira.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns, 29 de abril, ás 18:30, “Quen dixo medo?”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Charo Pita.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres, 26 de abril, ás 18:30, “Levántate Xan!!!”, contacontos para nenas-os de 1 a 3 anos a cargo de Caxoto.
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes, 23 de abril, ás 18:30, “O corazón envolto en papel”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Paula Carballeira.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves, 25 de abril, ás 18:30, “Fórmulas máxicas para atopar tesouros”, contacontos para nenas-os a partir de 3 anos a cargo de Soledad Felloza.

Actividades de promoción da lectura para mozas-os fóra de horario escolar
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Mostra bibliográfica de Rafael Sánchez Ferlosio, para lembrar ao insigne escritor, recentemente falecido, autor de obras tan coñecidas como El Jarama, Industrias y andanzas de Alfanhuí, El alma y la vergüenza, El huésped de las nieves, etc.,  que recibiu o Premio Cervantes en 2004 e o Premio Nacional das Letras Españolas en 2009.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Luns, 29 de abril, ás 17:30, conmemoración do 80 aniversario do falecemento do poeta Antonio Machado cun recital poético a cargo de Soledad Felloza.
Debido a que no club de lectura da Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz se está lendo a poesía de Antonio Machado, o comentario destas lecturas acompañarase do recital poético a cargo de Soledad Felloza para aproximarnos ao sentir deste camiñante reflexivo, de mirada profunda, que lle canta a Castela, chora a morte de Lorca, reflexiona sobre España e se angustia polo paso do tempo. E todo nun estilo sobrio e claro no que as formas populares se mesturan con outras máis cultas. Dende as bibliotecas municipais, invítase ás persoas que desexen gozar da poesía deste camiñante “que fai camiño ao andar”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario