9/3/19

Hora do conto e actividades infantís: 11 a 14 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 11 de marzo 
Celebramos o Día da Muller 
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Cinco parrulos”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 12 de marzo
Celebramos o Día da Muller
 Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contamos en igualdade”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 13 de marzo
Celebramos o Día da Muller 
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Elas sempren contan”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 14 de marzo
Para nenas-os de 1 a 3 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Levántate Xan!”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 14 de marzo
Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)   
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Olivia e as plumas"

Actividades de promoción da lectura: de 11 a 15 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 11 a 15 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 11 de marzo:
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 6º de EI e 1º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Mans" con Pablísimo.
Martes 12 de marzo:
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 2º e 3º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Mans" con Pablísimo. 
Mércores 13 de marzo:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Mans" con Pablísimo.
- 11:30: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Mans" con Pablísimo.
Xoves 14 de marzo:
- 9:15 e 11:15: Alumnas-os de 3º e 4º de EP
do CEIP Juana de Vega (Nós). 
"Obradoiros de ilustración" con Marina Seoane.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 12 de marzo:
- 10:35: Alumnas-os de 2º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Campos de Castilla" con Soledad Felloza.
Mércores 13 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 4º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Avó" con Ramiro Neira.
Xoves 14 de marzo:
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 12 de marzo:
- 10:00 e 11:20: Alumnas-os de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contos contados con todas e todos" con Caxoto.
Mércores 13 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 6º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Taller de banda deseñada" con Xosé Tomás.
Xoves 14 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
 
"Taller de banda deseñada" con Xosé Tomás.
Venres 15 de marzo:
- 10:00: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
 

"Taller de banda deseñada" con Xosé Tomás.

8/3/19

Recomendacións en Radioleiros: 8 marzo 2019

https://youtu.be/8UH0vrI_Dtshttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1476405- Infantil- Xuvenil:
"Las niñas serán lo que quieran ser" de Raquel Díaz Reguera. Editado por Lumen.
Catro nenas de 8 anos: Violeta, Martina, Adriana e Jimena, teñen soños e aspiracións persoais como calquera nena de calquera parte do mundo, nenas que queren voar e chegar alto. O señor SEQUERESPODES teceu unhas ás invisibles para cada unha, para que voen alto e acaden os seus soños. Pero como en todas as historias, hai un malo. Nesta é don NONOCONSEGUIRÁS quen non traballa só, ten toda unha panda de bandidos que o axuda: O señor REFLEXOS, a SEÑOR-ITA, O señor DESIGUALDADE e a señora BELEZAEXTERIOR.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1475822- Mozas-os e adultas-os:
"Besta do seu sangue" de Emma Pedreira. En Xerais.
Aborda o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. A autora inspírase na figura e no mito de Manuel Blanco Romasanta, alcumado o lobishome ou aquí en Galicia o Sacaúntos. Parece ser que Manuel naceu sendo Manuela, así figura na súa partida de nacemento. Deste feito parte a novela, do misterio da convivencia dos dous xéneros nunha única persoa. Unha atmosfera de desacougo e angustia que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para revivar a figura do lobo-loba e a súa convivencia co ser humano.  

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/3/19

Día da Muller en Bibloleiros con moitas actividades

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29731.pdf
Xoves 14 marzo
- 20:00 h., concerto titulado “Grandes voces, grandes mulleres” a cargo de Vintage Dúo. Proxecto musical que reinterpreta grandes éxitos a través dun coidado repertorio interpretado en directo con temas como: Cry me a river (Ella Fitzgerald), Route 66 (Natalie Cole), etc.
 
Biblioteca  Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro (Santa Cruz)
- Exposición de carteis  titulada “Mulleres que cambiaron o mundo” no que figurarán mulleres tan representativas como Clara Campoamor, Benazir Buttho, Amelia Earhart, etc, xunto cunha mostra de libros, DVD e CD relacionados con estas mulleres, escritos por elas ou que falan delas.

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- "Esquecidas no seu tempo" é unha exposición de obras literarias de escritoras inxustamente tratadas no seu momento. Mulleres que viviron á sombra dos seus compañeiros de profesión ou das súas parellas de vida. Mulleres que non viron recoñecido o seu talento literario ata tempos ben recentes e que hoxe é hora de reivindicar, dar a coñecer e gozar coa súa lectura e estudo. Nomes como os de Caterina Albert, Cecilia Böhl, Colette, Luisa Carnés, María Teresa León, Anna Maria Ortese, Adelaida García Morales, Lidia Chukóvskaia, entre outras, estarán presentes na nosa expo para celebrar o 8 de marzo na Rialeda. Recuperadas para o a noso tempo, escritoras que nunca deberan ter sido esquecidas.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
- “Mulleres protagonistas” é unha mostra de libros infantís nos que o personaxe principal é unha muller ou unha nena, tanto personaxes reais como ficticios.
 
Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
-
“8 de marzo: Día Internacional da Muller…  lendo avanzamos na igualdade”: mostra bibliográfica na sala infantil e xuvenil. Conxunto de propostas de literatura infantil e xuvenil que invitan á nena e ao neno a reflexionar sobre os estereotipos e o reparto de roles sexuais na sociedade e favorecen un cambio de actitude ante as situacións discriminatorias e de desigualdade. Tamén se decorará a biblioteca cos debuxos conmemorativos do Día Internacional da Muller proporcionados pola biblioteca ou elaborados polas nenas-os.
 
Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
- “Senlleiras” é un singular photocall no que participan 30 mulleres usuarias desta biblioteca e mostra bibliográfica sobre libros infantís, xuvenís e de adultas-os con temática sobre a muller.
Que mellor xeito de conmemorar este día que as usuarias da Biblioteca sexan as protagonistas desta data!: a Ánxel Fole quixo aportar o seu grao de area dando visibilidade ás mulleres que fan uso dos seus servizos e así contou coa colaboración inestimable das súas usuarias cedendo a súa imaxe para o photocall da Biblioteca de Nós, que agradece poder celebrar este día tan significativo con todas elas. Sen a súa axuda non tería sido posible!

4/3/19

Hora do conto e actividades infantís: 7 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 7 de marzo, ás 18:30   Celebramos o Día Internacional da Muller
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Doce como a choiva miúda, negra como a noite escura"

Actividades de promoción da lectura: 7 de marzo 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, 7 de marzo:
 

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 7 de marzo:

- 10:15 e 11:30 Alumnas-os de 4º e 5º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"O paroleiro" con Pablísimo.


Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Xoves 7 de marzo:
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.

Tertulia literaria en Rialeda: 6 marzo 2019 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-29026.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.
Documentación

Seguinte lectura: "Astrid y Veronika" de Linda Olsson

1/3/19

Recomendacións en Radioleiros: 1 marzo 2019

https://youtu.be/LWe0bUQx4aU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1482091- Infantil (menos de 8 anos):

É tempo de Entroido!
, de Ramón D. Veiga e David Sierra
Xerais

Fermoso libro ilustrado infantil cunhas coloridas ilustracións e distintas rimas que presenta diferentes Entroidos e as súas comidas típicas. Co pretexto de preparar un bo cocido, percorre distintos lugares onde poderemos ver figuras como boteiros, volantes, pantallas, o loro Ravachol, choqueiros coruñeses etc. todos xuntos viaxando nun chimpín para organizar unha festa.

Con ilustracións de gran colorido e variados traxes, ao tempo que len o texto rimado, divertiranse pasando cada páxina e vendo os característicos traxes.


Un libro excelente para que as/os máis pequenos se vaian familiarizando cos singulares personaxes do Entroido galego.

- Mozas/os e adultas/os:

Antroidos e máscaras na Galiza rural, coordinación do monográfico, fotografías e comentarios de Alfonso García Santos
Sermos Galiza

Obra relevante para saber máis sobre o Entroido en Galiza. Comeza cun interesante texto do museólogo Felipe-Senén analizando esta conmemoración ao longo da historia e presentándoa como un tempo para a inspiración creativa, rexenerando tradición e innovación, sen esquecerse da importancia do encontro lúdico, como festa para compartir.

A partir desta introdución, cunhas magníficas e fermosas fotografías, Alfonso García Santos móstranos detalladamente como se celebra esta tradicional festa nas distintas localidades de Galiza. Son uns 50 personaxes, coas súas correspondentes fotografías e explicación: o lugar onde se realizan, como son os traxes, nalgúns casos que significaban, os actos e bailes que fan, etc. Comeza cos Xenerais do Ulla, pasa polos Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Laza, os Troteiros de Bande, ou as Madamas e Madamitos de Entrimo ata chegar a analizar as figuras dos animais no Entroido, para finalizar no folión, os Fareleiros e na queima do Meco.


Unha obra magnífica, cun enorme traballo detrás, que reflexa tanto as celebracións máis coñecidas como outras descoñecidas, que nos ensina as principais características deste ciclo festivo.
Unha excelente ocasión para convivir, compartir e divertirse.

Repetimos con Felipe-Senén, viva pois o Entroido galego!

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/2/19

Entroido 2019 en Bibloleiros: mira que máscaras!!!

Neste Entroido, como xa é "tradición", temos obradoiros de máscaras nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros nos que nos explican as características das máscaras do Entroido galego e cada nena-o realizamos a reprodución dunha delas: peliqueiro, cigarrón ou boteiro, decorada ao noso xeito persoal. Eis o resultado dalgunhas máscaras! A que quedaron moi bonitas!

Clica na imaxe e poderás ver a galería de fotos!

Tertulia literaria en Rialeda: 27 febreiro 2019 (grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-29601.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La estratagema" de Léa Cohen
Documentación

Seguinte lectura: "Manual de mujeres de la limpieza" de Lucia Berlin

25/2/19

Soledad Felloza alumea o Día de Rosalía en Rialeda

"Cómo chove miudiño,
cómo miudiño chove;
cómo chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove"

A actriz e contacontos Soledad Felloza acudíu a Rialeda co seu espectáculo "Chove miudiño" para dar coñecer ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP Juana de Vega de Nós a figura, tempos e obras de Rosalía de Castro.

Versos que se prenden na punta do pé, que debuxan árbores senlleiras, que bailan coas bolboretas e que bulen ao redor dunha nena que  "sube ás ponlas das figueiras e alí déitase a soñar"

Cantando e escoitando, e tamén degustando os "bolos do pote" con caldo cos que Rosalía ía medrando nuns tempos de escaseza material pero fértiles na imaxinación da nosa escritora.

¡Ai!, ¡qué miniña!
¡Qué nena preciosa!
Dempóis de lavada
parese unha rosa.

I este miniño
que teño no colo,
dempóis de lavado
parece un repolo. 

Chove miudiño no país enteiro, e a choiva non é de auga, non:- é de versos!