19/2/16

Aviso importante: servizos bibliotecarios 22, 23 e 24 febreiro 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas
Comunicamos a todos/as os socios/as e usuarios/as, que os días 22, 23 e 24 de febreiro non se poderán realizar as seguintes xestións nas bibliotecas do Concello debido ao cambio do sistema informático da Rede de Bibliotecas de Galicia:

- Novas altas de socio/a
- Renovacións de préstamos
- Reservas sobre materiais prestados

SÓ SE REALIZARÁN PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS. IMPRESCINDIBLE TRAER O CARNÉ DA BIBLIOTECA.

Pregamos desculpen as molestias

Recomendacións en Radioleiros: 19 de febreiro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=62528- Xuvenil (de 10 anos en adiante):

Mago por correspondencia, de Joles Sennell e ilustrado por Xan López Domínguez
Xerais

Obra formada por sete imaxinativos relatos de fantasía e humor nos que se mesturan bruxas, fadas, deuses e, por suposto, tamén persoas.

Atoparémonos con contos como o dun compositor que recibe o encargo de crear un himno nacional, ou a explicación do que lle aconteceu aos habitantes da Atlántida. Poderemos ler as peripecias de Isquirión e tamén que Baldomero estudia por correspondencia o curso de bruxo de segunda, ou como un autor lle regalou a súa imaxinación a unha fada...


- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=107392El palacio azul de los ingenieros belgas, de Fulgencio Argüelles
Acantilado

Transcorre nunha pequena localidade de Asturias, entre o ano 1927 (en plena ditadura do xeneral Primo de Rivera) e os anos anteriores e posteriores á Revolución de Outubro de 1934, durante a II República. Está narrada en primeira persoa por Nalo, un mozo, que ao pouco de morrer seu pai, atopa traballo de xardineiro no palacio azul, lugar onde viven unha familia de belgas, donos das industrias e minas da zona.

Asistiremos ao que vai acontecendo nestes importantes sucesos da historia de España a través da mirada inxenua e ausente de rancor dun mozo que esperta á vida, ao mesmo tempo que narra a súa historia persoal e dos que o rodean.

Di o autor que pretendeu “reflexar a busca constante de coñecemento e perfección, a ansia pola transformación das cousas, o amor como a manifestación máis humana do coñecemento compartido, a convivencia e a confrontación de dous mundos coincidentes e diverxentes: ricos e pobres”.


Este título foi lido nas Tertulias Literarias da Biblioteca Rialeda e da Biblioteca de Santa Cruz, podes descargar aquí a documentación sobre a obra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/2/16

Bibloleiros súmase á campaña de sensibilización para a doazón de medula ósea

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-benestar-social-e-sanidade/sanidade/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=3&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=2736007&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=o-concello-de-oleiros-inicia-unha-campana-de-sensibilizacion-sobre-a-doazon-de-medula-osea-1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-servicios-sociais-e-sanidade%2Fsanidade
As Bibliotecas Municipais de Oleiros queren difundir a campaña de sensibilización que o Concello de Oleiros vai desenvolver entre a poboación sobre a doazón de medula ósea, a través dos distintos medios que ten ao seu alcance: mensaxes nos paneis informativos, na web municipal, nas redes sociais do Concello, folletos con información básica en todos os edificios municipais sobre como facerse doante..., pretende concienciar os veciños e veciñas sobre a transcendencia tan importante que ten este acto co que se pode axudar a moitas persoas en todo o mundo.

Xa hai ano e medio, a Concellería de Servizos Sociais e Sanidade desenvolvera unha campaña similar sobre a doazón de órganos e, nestes momentos, quere centrarse na doazón de medula ósea como apoio a unha nena, veciña de Santa Cruz, que se atopa loitando contra a enfermidade e contra o tempo e que precisa dunha doazón de medula ósea.

Os seus pais iniciaron unha campaña animando á xente nas redes sociais a través de facebook “Por Victoria hasta la médula”, coa que tratan de sensibilizar á xente sobre este tema.

A doazón de medula ósea é un acto sinxelo que salva vidas. A través deste acto solidario de xenerosidade, no que compartimos a maior riqueza que temos como persoas, a saúde, podemos salvar vidas en calquera lugar do mundo.

A Fundación Josep Carreras Contra a Leucemia é quen xestiona en España o Registro de Donantes de Médula Ósea, denominada REDMO. Na actualidade 3 de cada 4 enfermos de leucemia non contan cun doante familiar compatible, sendo un doante anónimo incluído nese rexistro a súa única esperanza de vida.

As persoas que queiran ser doantes de medula poden facelo a través do teléfono gratuíto do Plan Nacional 900 102 688.

Ligazóns de interese:
Infografía, cartel
https://galicia.medulaosea.org/gl/
https://www.fcarreras.org

Biblioteca de Lorbé pechada os días 17,18 e 19 de febreiro 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/xograr-mendino-lorbe
Os días 17, 18 e 19 febreiro a Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé permanecerá pechada ao público por enfermidade da súa encargada.

Pregamos desculpen as molestias.

16/2/16

Programa de Actividades para os Centros de Ensino Público 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf

Febreiro - Xuño 2016

Participarán máis de 3400 alumnos e alumnas e ofértanse 41 actividades diferentes.

En función da idade, do curso que estean realizando e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderá deleitarse con contacontos; divertirse con xogos de maxia; gozar con espectáculos de música, baile e recitais de poesía; realizar obradoiros de ilustración, banda deseñada, papiroflexia, etc.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Hora do conto: de 17 a 19 de febreiro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 17 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O Antroido dos animais”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 18 de febreiro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Lili Gruyère de Trinke - Trinke
TÍTULO: “Querida ovella negra”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 19 de febreiro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Ratiña Carolina de Trinke - Trinke
TÍTULO: “O caracol namorado”

Tertulia literaria en Rialeda: 17 febreiro 2016 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23398.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La muerte de Iván Ilich" de Lev Tolstói.
Documentación
Obras de Lev Tolstói nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey.

12/2/16

Recomendacións en Radioleiros: 12 de febreiro 2016

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=24671- Infantil:
"A viaxe das bolboretas" texto de Paula Carbonell, ilustrado por Chené, en OQO.
Don Vermiño proponse percorrer os cinco metros que separan a laranxeira do limoeiro, na procura dunha nova folla. De camiño vaise atopando cunha pulga, unha formiga, unha xoaniña, unha tesoiriña e un grilo que deciden acompáñalo. O percorrido acaba sendo unha metáfora da propia vida.
 
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119052
- Mozos-as e adultos-as:
"Iacobus" de Matilde Asensi, editado por Planeta.
O protagonista da novela é o médico Galcerán de Born cabaleiro-relixioso da orde dos Hospitalarios que volta a España tras anos fóra sobre todo para atopar ao seu fillo, un rapaz de 14 anos, que foi abandonado nun mosterio pola familia materna e que é froito dun amor de xuventude.
A súa capacidade para resolver enigmas chega a oídos do papa Xoán XXII que decide encargarlle a misión, por un lado de clarexar a morte do antecesor do papa (Clemente V) e a do anterior rei de Francia, descubrindo que os templarios foran os encargados de asasinalos, polo que lle encomenda atopar os lugares do Camiño de Santiago onde a orde dos templarios, ao ser eliminada, ocultou todos os seus tesouros. Para elo, faise necesario resolver unha infinidade de enigmas nos seus correspondentes pergamiños.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/2/16

"14 libros para festexar o amor" na Biblioteca de Santa Cruz

https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_da_Candeloria
“14 libros para festexar o amor”: coincidindo co día da Candeloira e de San Valentín na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz temos unha mostra de libros infantís que celebran o amor e as pequenas cousas da vida.
 
“Querer, apreciar, estimar, seducir… hai moitas maneiras de amar na vida... e nos libros”
Na nosa terra dise que no tempo da Candeloria é cando casan os paxariños. Tradición popular que deu no que poderíamos chamar o “Día Galego do Amor”, na altura do 2 de febreiro. Mais este 14 de febreiro tamén se celebra o coñecido San Valentín, Día d@s namorad@s.
Sexa como for, coa primavera asomando á porta, é unha boa escusa para falar de libros “para festexar o amor”. 
Co obxectivo de dar a coñecer o fondo da biblioteca, promover a lectura, fomentar a imaxinación, reflexionar sobre a amizade, o compañeirismo, o amor... convidamos especialmente a@s nos@s usuari@s infantís (tamén a@s adult@s, por suposto) a visitar esta mostra de libros durante o mes de febreiro.

8/2/16

O Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros: Obradoiro de creación de máscaras de distintas culturas

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23302.pdf
Este Entroido, as nenas e os nenos que o desexen poderán participar nos Obradoiros de creación de máscaras doutras culturas que se celebrarán nas sete bibliotecas municipais. As nenas e os nenos participantes elaborarán máscaras doutras culturas nun lúdico e divertido obradoiro de creacións artísticas e manuais. Están dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos de idade. Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes. É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de celebración da actividade. Terán lugar as 18:00 horas.
As datas son as seguintes: 


1 de febreiro: Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda. Tel.: 981 626 638
2 de febreiro: Biblioteca Manuel María. Oleiros. Tel.: 981 610 700
3 de febreiro: Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
4 de febreiro: Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé. Tel.: 981 618 201
5 de febreiro: Biblioteca Mª José Trincado. Mera. Tel.: 981 628 507
11 de febreiro: Biblioteca Central Rialeda. Tel.: 981 639  511
12 de febreiro: Biblioteca Ánxel Fole. Nós. Tel.: 981 664 257

En todas estas bibliotecas tamén se realizarán exposicións de libros relacionados con Entroido: de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, de maquillaxe, de caretas, de actividades manuais, de festas tradicionais, de cociña, etc.
Animamos aos nenos e nenas a que se inscriban nos obradoiros e que, xunto cos seus pais e nais, leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.

Tertulia literaria en Rialeda: 10 de febreiro 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-23367.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "A memoria do boi" de Xosé Vázquez Pintor.
Documentación

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "Charlotte" de David Foenkinos.

5/2/16

Recomendacións en Radioleiros: 5 de febreiro 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2016/01/recomendacions-en-radioleiros-29-de.html
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112389- Infantil (de 6 a 8 anos): 

La filarmónica se viste de Karla Kuskin e ilustracións de Marc Simont
Corimbo

Os preparativos dun concerto dunha orquestra son descritos con detalle por autora e ilustrador formando unha parella perfecta. Cun debuxo de grande calidade, o  texto explícanos os hábitos das máis de cen persoas que forman este colectivo, cun resultado moi atractivo a nivel estético e de contido.

- Mozos/as e adultos/as:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113815
O violín de Rembrandt de Jorge Llorca
Xerais

O XXXI Premio Blanco Amor de novela ofrécenos unha historia coral que parte dun cadro e dun violín vencellados a un profesor do Colexio Atenea. Violeta, filla dun embaixador arxentino, Bladimiro Regueira que aspira a triunfar na farándula, Teresa Moure, daltónica pero con vista para xestionar unha galería de arte e Indalecio, camareiro do Delicias pelexado coa climatoloxía, forman entre outros unha novela fluida con moito humor que reflicte o ambiente das pequenas cidades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

AVISO: horario das bibliotecas durante o Entroido

Durante a festividade do Entroido estarán pechadas as seguintes bibliotecas:
- Luns 8 de febreiro:  Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda
                                Biblioteca Mª José Trincado. Mera
                                Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé

- Mércores 10 de febreiro:  Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé.

Quedan abertas ao público, no seu horario habitual, a Biblioteca Central  Rialeda, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, Biblioteca Ánxel Fole de Nós e Biblioteca Manuel María de Oleiros.

Desculpen as molestias

4/2/16

25 fiestras: asómate a películas que descubren culturas

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/25FiestrasAsomateAPeliculasQueDescubrenCulturas?feat=directlink
Convidámoste a visitar a exposición "25 fiestras: asómate a películas que descubren culturas" no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda. 25 fiestras, 25 ocos, ollos por onde mirar outras formas de relacionarse co mundo. 25 propostas, como outras calquera, para coarse na casa, na cociña, na praza, no cuarto de estar, no espazo de traballo, no tempo de lecer, no dormitorio, na escola... 
Collid@s da man de David Lynch, Chano Piñeiro, Zhang Yimou, Isabel Coixet, Wolfgang Becker, Semih Kaplanoglu, Marjane Satrapi e outr@s, coñeceremos outros mundos a través do cine.