26/4/13

30 de abril e 2 de maio: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

A Compañía Trinke Trinke levará a cabo o contacontos "Qué traballo dan os pequenos!" para
alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

30 de abril
10,15 h. Educación Infantil (5 anos)
11,30 h. Educación Infantil (4 anos)


2 de maio
10,15 h. Educación Infantil (4 e 3 anos)
11,30 h. Educación Infantil (3 anos)

Recomendacións en Radioleiros: 26 de abril

- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
“Barnie” de  Sonja Bougaeva, en Takatuka
Barnie é un can simpático moi controlado polo seu dono . Durante a fin de semana quere xogar con outros cans, ir detrás das pombas  ou cruzar a rúa pero o dono non o deixa. Mentras o home amaña o seu coche, Barnie toma unha decisión que mudará a súa vida. Libro con ilustracións de gran calidade de Sonja Bougaeva (San Petersburgo, 1976) e que traballa actualmente en Alemaña. Ilustradora doutros libros como Malena Ballena e Dos hermanas reciben visita.
- Mozos- as e adultos-as:
Disponíbel tamén en dvd en Rialeda, Santa Cruz, Montrove e Nós .
Nun instituto dun barrio de París coincide un grupo de rapaces e rapazas de diferente orixe racial e clase traballadora, produto da Francia actual. O profesor e autor do libro tenta motivar ao colectivo nun proceso cheo de problemas e tensións e tamén con realidades positivas. Unha experiencia sobre o ensino actual e a diversidade existente que pode facernos reflexionar .
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

24/4/13

29 e 30 de abril: Obradoiro de teatro n'As Torres de Santa Cruz

O dramaturgo Rubén Ruibal dirixirá o Obradoiro de teatro sobre obras de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, para alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal.
29 de abril, 2 sesións: 9:15 H para o alumnado de  6º A e ás 11:30 H, o de 6º B.
30 de abril, 2 sesións: 9:15 H, participará o alumando de 5º A, e ás 11:30 H, 5º B.

23/4/13

26 de abril: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

A Compañía Trinke Trinke levará a cabo o contacontos "Un nacemento especial" para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Dúas sesións: 10: 15 H, 1º Primaria B e C; 11:30, 1º Primaria A

22/4/13

Tertulia literaria en Rialeda: 24 de abril (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "La catedral" de Vicente Blasco Ibáñez
Documentación
Obras de Vicente Blasco Ibáñez nas nosas bibliotecas.

Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos ás participantes a traer - a xeito de agasallo - un libro (preferentemente non lido) que pasará a formar parte da biblioteca comunitaria das Tertulias Literarias, á libre disposición dos/as participantes na actividade. Ao cabo dun ano, estes libros serán doados a unha institución.

A seguinte obra programada é "Ilustrísima" de Carlos Casares.

23, 24 e 25 de abril: Soledad Felloza actúa para alumnado do CEIP Valle-Inclán e CEIP Rabadeira

23, 24 e 25 de abril: Soledad Felloza actúa para alumnado do CEIP Valle-Inclán e CEIP Rabadeira.
"Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega" para alumnado do CEIP Valle-Inclán na Biblioteca Central Rialeda.
23 de abril, 3 sesións:
9:30 H, 3º Primaria A e B
11:00 H, 4º Primaria A e B 

12:30 H, 4º Primaria C


24 de abril, dúas sesións:
9:30H, 5º Primaria A e B
11:00 H, 6º Primaria A e B


"O rei Oso Branco e outros contos marabillosos" para alumnado do CEIP Rabadeira, na Biblioteca Manuel María.
25 de abril, dúas sesións:
10:15 H, 2º Primaria B e C
11:30 H, 2º Primaria A

24 de abril: Caxoto na Biblioteca Manuel María de Oleiros

O narrador de contos Caxoto levará a cabo dúas sesións do seu espectáculo "Un conto de 3 noites" de Xabier P. Docampo para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros na Biblioteca Manuel María.
Ás 10:15 participará o alumnado de 3º Primaria B e C e ás 11:30 o alumnado de 3º A.

23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

Obradoiro infantil de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Dúas sesións: ás 9:45 H para o alumnado de 4º Primaria A.
Ás 11:30 H participará o alumnado de 4º Primaria B.

22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda
Luns 22 de abril (dentro do programa "Ler conta conta moito"):
- 9,15 h.: 5ª Primaria A do CEIP Valle Inclán
- 11,35 h.: 5ª Primaria B do CEIP Valle Inclán
Xoves 25 de abril:
- 9,15 h.: 6º Primaria A do CEIP Valle Inclán
-11,35 h.: 6º Primaria B do CEIP Valle Inclán
Xosé Tomás fará un percorrido polo proceso de creación dun libro: idea, autor/a, ilustrador/a, editorial, imprenta, distribución, lector/a, etc. A continuación explicará a estreita relación

palabra-imaxe e as diversas interpretacións gráficas de cada ilustrador/a. Guiados por Xosé Tomás, o alumnado participante construirá historias gráficas a raíz de elementos narrativos elixidos ao chou (na liña da Gramática da fantasía de Gianni Rodari) e coñecerán as técnicas para crear personaxes, así como os códigos mínimos desde os puntos de vista físico e psicolóxico.

20/4/13

Hora do conto: de 22 a 25 de abril

Aquí tes a programación da hora do conto de 22 a 25 de abril.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.


Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 22 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:  “El erizo de mar “, “El sueño de Pipa”, “Gigante poco a poco”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 23 de abril
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:       Animaladas!!!

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 24 de abril
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS:       "Que todos os días sexan o Día do Libro, tamén o 24 de abril, e o 25, e o 26...": “A fábrica de paraugas”, “O Parrulo Patareco”, “A historia de Dona Frondosa”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 25 de abril
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS:     "A casa na árbore", "A gran belota"
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Santa Cruz: 22 de abril

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
De 18,30 a 20 horas.

Comentario da obra "La cena" de Herman Koch.
Obras de Herman Koch nas nosas bibliotecas.

Entregaráse o título "A clase" de François Bégaudeau.

19/4/13

Recomendacións en Radioleiros: 19 de abril

- Infantil (a partir dos 6 anos):

Verdedades, de Yolanda Castaño e ilustrado por Xosé Tomás.
Biblios

Fermoso álbum ilustrado, unha obra de poesía que nos achega á natureza.

Fala das plantas e das persoas que conviven con elas. Un verán na casa dos avós, unha nena aprende moitas cousas sobre as plantas, os seus froitos, etc.

Un libro que invita á lectura, pero tamén a contemplar a natureza, a fixarnos nela, cos lindos versos de Yolanda Castaño e as vistosas ilustracións de Xosé Tomás. Magnífica obra para que os nenos e nenas se inicien na poesía ao mesmo tempo que observan e valoran a natureza.

- Mozos/as e adultos/as:

El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes.
Subtitulado "La guerrilla del Cencerro y el trienio del terror: Jaén, Sierra Sur 1947-1949"
Tusquets

Está narrada en primeira persoa, e cando o personaxe principal é adulto. Conta a vida de Nino, un neno de 9 anos, fillo dun garda civil, que vive na casa cuartel dunha localidade da Serra Sur de Jaén, durante a posguerra, principalmente nos anos 1947 ao 1949.

Narra a evolución moral e intelectual de Nino. Vemos como este neno quere a seu pai que é garda
civil, un home insatisfeito porque non lle gusta o que ten que facer; pero Nino admira ao guerrilleiro Cencerro polo forte e valente que din que é e polo que din que fai cando baixa ás tabernas e deixa agachados algúns billetes nos que escrebe “así paga Cencerro”. Un neno que non sabe a que se

deben os berros que escoita algunha noite cando xa está na cama, ou por que o seu pai chega triste e a súa nai non se deita ata que o ve na casa, ou por que, algúns días, os nenos veciños non queren xogar con el. Un neno que quere entender o que acontece.

Un día, coñece a Pepe el Portugués e desde entonces Nino quere vivir como el. Ter unha casa pequena ao pé da serra, unha horta, un cabalo, uns poucos animais, algúns amigos, ir pescar troitas ou coller setas cando queira e sobre todo estar lonxe da vila, lonxe do tenente e da súa muller. Aínda que era listo e espabilado, era baixo, polo que o pai ten medo que non poida entrar no corpo da garda civil e decide que debe aprender a escribir a máquina para irse buscando un futuro, así, a través de Pepe el portugués, coñece a Dona Elena, unha mestra retirada que vive nun "cortijo" no monte e que ten unha pequena biblioteca. A amizade con Pepe el portugués e os libros que posúe Dona Elena, converterán a Nino nun neno diferente, un neno que vai coñecer cal é a realidade da España rural de finais dos anos 40.

É unha novela de gran calidade, moi ben narrada, que nos fala dunha época dura da historia de España, a da guerrilla a finais dos anos 40, aínda que Almudena Grandes defínea como unha novela de aventuras. Un libro cun sabor agridulce: por un lado están todas as persoas que sufriron e morreron e por outro a esperanza que reflicte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/4/13

Día mundial do libro 2013 nas bibliotecas de Oleiros

Do 18 ao 30 de abril, as bibliotecas municipais do Concello de Oleiros conmemoran o 23 de abril, Día Mundial do Libro, cun amplo abano de actividades, baixo o título “En abril, libros mil”. A UNESCO nomeou a cidade de Bangkok capital mundial do libro 2013.
Xoves, 18 de abril

Contacontos “Que traballo dan os pequenos!”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, dirixido ao alumnado de 4 anos do CEIP Parga Pondal.
“Obradoiro de banda deseñada”, con Manel Cráneo, dirixido a alumnado de 6º de primaria de CEIP Rabadeira.
“Obradoiro de ilustración”, con Xosé Tomás, dirixido a alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Soledad Felloza.
Venres, 19 de abril
“Obradoiro de banda deseñada”, con Manel Cráneo, dirixido a alumnado de 6º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Caxoto.
Luns, 22 de abril
“Obradoiro de ilustración”, con Xosé Tomás, dirixido a alumnado de 5º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Soledad Felloza.
“Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as”, ás 18:30
Martes, 23 de abril
“Xeografía do imaxinario”: contos e lendas da mitoloxía galega, con Soledad Felloza, dirixido ao alumnado de 3º e 4º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Obradoiro infantil de poesía”, a cargo de Yolanda Castaño, dirixido a alumnado de 4º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Caxoto.
Mércores, 24 de abril
“Xeografía do imaxinario”: contos e lendas da mitoloxía galega, con Soledad Felloza, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Tertulia literaria para mozos/as e adultos/as”, ás 17:30
“Un conto de tres noites” de Xabier P. Docampo, a cargo de Caxoto, dirixido a alumnado de 3º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Pedro Brandariz.
Xoves, 25 de abril
“Contos marabillosos”, con Soledad Felloza, dirixido ao alumnado de 2º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Obradoiro de teatro sobre Roberto Vidal Bolaño”, a cargo do dramaturgo Rubén Ruibal, para alumnado de 6º de primaria do CEIP Parga Pondal.
“Obradoiro de ilustración”, con Xosé Tomás, dirixido a alumnado de 6º de primaria do CEIP Valle-Inclán.
“Hora do conto”, ás 18:30, con Paula Carballeira.
Venres, 26 de abril
Contacontos “Un nacemento especial”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, dirixido ao alumnado de 1º de primaria do CEIP Rabadeira.
“Obradoiro de teatro sobre Roberto Vidal Bolaño”, a cargo do dramaturgo Rubén Ruibal, para alumnado de 5º de primaria do CEIP Parga Pondal.
Martes, 30 de abril
Contacontos “Que traballo dan os pequenos!”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, dirixido a alumnado de 4 e 5 anos do CEIP Rabadeira.
“Hora do conto”, ás 18:30, coa Compañía Trinke Trinke.

Do 18 ao 30 de abril na Biblioteca “Mª José Trincado” de Mera levarase a cabo a actividade E ti … que les?:  son moitas as persoas que visitan a biblioteca en busca dese libro que as faga  soñar,  viaxar a outro lugar e a outra época, namorarse, chorar de pena ou de risa, aprender a cociñar,  … E se compartes con nós as lecturas que che deixaron pegada?  Non sexas tímid@, achégate á biblioteca e fai a túa recomendación de lectura. Só tes que indicar o autor/a e o título e , se queres, un pequeno comentario. Tamén podes enviarnos a túa recomendación por e-mail!!! Con todas as aportacións faremos unha exposición moi recomendable!!!

16/4/13

Premio María Moliner ás Bibliotecas Municipais de Oleiros

O Ministerio de Cultura en colaboración coa FEMP e a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña acaba de conceder os Premios María Moliner de animación á lectura correspondentes á convocatoria de 2012.
De entre os moitos proxectos presentados (aparte dos tres primeiros premios que están elixidos por número de habitantes) seleccionou 300 proxectos ganadores que recibirán un lote bibliográfico de 180 libros. O presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros titulouse “Lecturas para ti”.
A Campaña de Animación á Lectura é un concurso dirixido aos municipios de menos de 50.000 habitantes para premiar os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de promover a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente, nenos-as e xoves. As bibliotecas de Iurreta (Biscaia) na categoría de menos de 5.000 habitantes, Mota del Cuervo (Cuenca) de entre 5.001 e 20.000 habitantes e San Javier (Murcia) de entre 20.001 e 50.000 habitantes foron as ganadoras desta XV Campaña de Animación á Lectura María Moliner.
Lembramos que as Bibliotecas Municipais de Oleiros recibiron o máximo galardón correspondente a municipios de entre 20.001 e 50.000 habitantes na convocatoria de 2011.
Desexamos compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coas bibliotecas, aos que lles expresamos o noso agradecemento. Grazas a todos e todas por facer posible que Oleiros conte cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade. Grazas a todos-as por participar nas actividades das bibliotecas!!!

Tertulia literaria en Rialeda: 17 de abril (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "El ruido de las cosas al caer" de Juan Gabriel Vásquez
Documentación
Obras de Juan Gabriel Vásquez nas nosas bibliotecas.

Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos ás participantes a traer - a xeito de agasallo - un libro (preferentemente non lido) que pasará a formar parte da biblioteca comunitaria das Tertulias Literarias, á libre disposición dos/as participantes na actividade. Ao cabo dun ano, estes libros serán doados a unha institución.

A seguinte obra programada é "Libertad" de Jonathan Franzen.