11/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 11 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 11 de novembro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke contará: “Ter amigos é divertido", "Pastel para inimigos". Para os-as maiores de 6 anos Fran Insua contará: "Xosefina ao asexo", "O circo estraño", "A merenda do señor Verde".

10/11/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Rosalía de Castro" de Santa Cruz " e "Xograr Mendiño" de Lorbé: mércores 10 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 10 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto con "Madre Chillona", "Fin Herman", "Malena Ballena".

Tamén o mércores 10 na
Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé poderás escoitar a Caxoto con "Contos de castañas e cogumelos"

8/11/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 10 novembro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "La ternura de los lobos" de Stef Penney.

Consulta e descarga a nosa documentación.
Obras de Stef Penney nas nosas bibliotecas.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 8 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 8 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na Hora do conto con "Lin Piao e Lu Sin" e "O castelo".

5/11/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 5 de novembro:

- Infantil:

Pregunta á Dra. Peteiro sobre os dinosauros, de Claire Llewellyn, ilustrado por Kate Sheppard.
Editado por Baía.
Libro de divulgación para nenos sobre o mundo dos dinosauros. Ilustrado con debuxos humorísticos e textos comprensíbeis para todas as idades. Axeitado para un primeiro achegamento sobre a materia. Formato relativamente grande.

- Mozos-as e Adultos-as:


Viaxe erótica e estética a través dos escritos de Don Rigoberto, un home maduro, o seu fillo Funchito e Lucrecia, a madrasta. Todos eles da man de Egon Schiele, pintor expresionista austríaco (1890-1918) e referente de Funchito.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/11/10

29/10/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 29 de outubro:

-Nenos-as de 10 a 12 anos:
"Amar unha serea" de X.H. Rivadulla Corcón e ilustracións de Antonio Seijas, en Galaxia
Varucho, ten oito anos e vive en Muxía. O seu primeiro día de clase ve que hai unha compañeira nova. Unha nena moi fermosa chamada Almudena, que para el é como unha serea.
Quere falar con ela e pedirlle que sexa a súa moza, pero non se atreve...
-Mozos-as e adultos-as:
"Anatomía de un instante" de Javier Cercas, editado por Mondadori.
Esta obra é a crónica dos feitos que aconteceron o 23 de febreiro de 1981 cando o tenente coronel Tejero irrumpíu no Congreso dos Deputados.
Javier Cercas vai analizando minuciosamente as gravacións dese momento nas que vemos como Adolfo Suárez permaneceu sentado no seu escaño, xunto co xeneral Gutiérrez Mellado e Santiago Carrillo, pero tamén nos explica como se chegou a ese momento e o que pensaban distintos sectores da sociedade española: exército, igrexa, empresariado, medios de comunicación, ...
Unha obra moi interesante para saber o que aconteceu neses momentos cruciais da incipiente democracia española.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Exposición sobre o Nobel de Literatura 2010 Mario Vargas Llosa na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

Na Biblioteca Pública Municipal e C. Documentación da Muller “Rosalía de Castro” de Santa Cruz celebramos o Premio Nobel de Literatura 2010
sobre Mario Vargas Llosa cunha exposición bibliográfica

Eis os libros seleccionados :
- Quién mató a Palomino Molero. Madrid: Espasa-Calpe, 1995.
- La guerra del fin del mundo. Barcelona : Seix Barra, 1981
- Pantaleón y las visitadoras. Barcelona : Seix Barral, 1986
- La tia Julia y el escribidor. Madrid : Punto de lectura, 2008
- La ciudad y los perros. Barcelona : Seix Barral, 1986
- Lituma en los Andes. Barcelona : Planeta, 1993
- La fiesta del chivo. Madrid : Alfaguara, 2000
- Los cuadernos de don Rigoberto. Madrid : Alfaguara, 1997
- Una historia no oficial. Madrid : Espasa-Calpe, 1999
- El paraiso en la otra esquina. Madrid : Alfaguara, 2003
- El cuento del cortador de bambú. Madrid : Cátedra, 2004
- Historia de Mayta. Barcelona : Bibliotex, 2001
- Travesuras de la niña mala. Madrid : Alfaguara, 2006
- Conversaciones en la catedral. Bibliotex, 2001

Se queres máis información sobre o Nobel de Literatura deste ano visita as seguintes web:http://www.mvargasllosa.com/

28/10/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 28 de outubro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 28 de outubro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke contará: “O Grúfalo", "Durme ben, pequeno oso". Para os-as maiores de 6 anos Soledad Felloza contará: "Contos silenciosos", "Tsunami", "Trail".

26/10/10

Presentación do libro de Xavier Seoane "Raíz e soño" (Canción de Oleiros) 1976-2008: mércores 27 de outubro

Lugar: Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 19 h.

Presentación da antoloxía poética “Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008”

Este conxunto de poemas nace a instancias do editor Xan Arias para o seu proxecto Trifolium. Segundo Xavier Seoane, en Oleiros “vibra un deses poderosos rexistros mariñás que tanto singularizan a Galicia e que tanto contribúen ao bo vivir do nativo e do forasteiro”. A escolma abrangue cáseque trinta anos de composicións nas que afloran sentimentos de saudade, cantos de primavera, invocacións á natureza, a fauna e os rochedos, praias e brancos seixos. Como lembra Seoane A poesía é voz de profecía, e o poeta escoita palabras e rumores onde outros cren sentir o simple besbello do silencio ou o fungar do vento nas follas”

Obras de Xavier Seoane nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Aviso importante: Durante o encontro, os ordenadores do 2º andar quedarán fóra de servizo. Desculpen as molestias.

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 26 de outubro

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 26 de outubro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na hora do conto. Os títulos serán: "Lin Piao", "O xaguar inxenuo"