30/10/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 30 de outubro:

- Infantil e Xuvenil (a partires de 9 anos):
"Restaurante Farruco" de Chus Pereiro ; ilustrado por Xan López Domínguez
Edicións Xerais de Galicia (Colección Merlín)
"Divertida obra de teatro, escrita en verso e cun ritmo moi áxil."

- Mozos/as e Adultos/as:
"Lo que el día debe a la noche" de Yasmina Khadra
Destino
"Unha novela sobre a identidade, a dignidade, a amizade e o amor. Unha historia de Arxelia, dende o 1930 ata a actualidade, na que defende a dobre cultura entre Occidente e o Islam, xunto co respeto ás raices e costumes do seu pobo e á fidelidade á palabra dada."
No 2008 foi un éxito de ventas en Francia e premio da revista Lire ao mellor libro do ano.

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/10/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 4 novembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Un descanso verdadero" de Amos Oz.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outros enlaces relacionados con Amos Oz:

Consulta no catálogo a disponibilidade de obras de Amos Oz.

26/10/09

Tertulia Literaria: 28 outubro 2009 (grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.

Presentación da tempada 2009-2010
Ao remate entregaráse a obra "La elegancia del erizo", de Muriel Barbery.
As persoas interesadas en participar na actividade poden pre-inscribirse na lista de espera chamando ao 981-639511. A participación está condicionada ás vacantes que se produzan no grupo.

23/10/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 23 de outubro:

- Infantil e Xuvenil:
"Sabeliña e os ratos", de Paco Martín ; ilustrado por José Tomás
Galaxia
"Recreación dun conto tradicional. Sabeliña ten un dente abalando, cáelle estando na escola e agarda pola noite ao rato para receber un agasallo."

- Mozos-as e Adultos-as:
"Más Platón y menos prozac", de Lou Marinoff
Punto de Lectura
"Todos os filósofos quixeron que os seus consellos foran de utilidade. Neste libro o profesor canadiano Lou Marinoff trata de conectar a filosofía coa siquiatría, entendendo que son disciplinas complementarias."

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/10/09

Biblioteca de Montrove: E ti, qué les?

Para conmemorar o “Día da Biblioteca”, que se celebra todos os anos o 24 deste mes, faremos un mural no que compartiremos as nosas lecturas preferidas. Achégate á biblioteca entre o 19 e o 30 de outubro e fai a túa recomendación. Comparte o pracer de ler.

Horario da biblioteca: luns a venres de 16 a 20h.

19/10/09

Tertulia Literaria: 21 outubro 2009 (grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Presentación da tempada 2009-2010

Ao remate entregaráse a obra "Un descanso verdadero", de Amos Oz.
As persoas interesadas en participar na actividade poden pre-inscribirse na lista de espera chamando ao 981-639511. A participación está condicionada ás vacantes que se produzan no grupo.

16/10/09

Espectáculo de Maxia no Teatro Gabriel García Márquez (Mera)

O luns 19 de outubro en dúas sesións (10, 30 e 12,30 h.)
terá lugar o espectáculo de maxia "Amancio Amigo" a cargo de Cali o Mago.

Trátase dun espectáculo cheo de maxia e ilusión baseado na serie do escritor Xosé Miranda. Un percorrido polos efectos máxicos máis coloridos e fantásticos na procura dese espazo de inocencia que transmiten os libros e a súa lectura, que xorde como por arte de encantamento. Un espectáculo divertido e comunicativo, na busca da atmósfera máxica e da ilusión.

Ao final do espectáculo entregaráse un libro a cada asistente.

Acto enmarcado dentro da campaña "Voces á Orella" do programa "Bocaberta 2009" organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Edicións Xerais.

Dirixído a escolares de 11 a 14 anos, participando o alumnado dos Centros Públicos do Concello de Oleiros (5ª de Primaria a 2º de ESO)

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 16 de outubro:

- Infantil e Xuvenil (a partir de 11 anos):

"Amancio amigo e o meigo de Salamanca", de Xosé Miranda ; ilustracións de Patricia Castelao
Xerais
"Primeira obra da serie de novelas de maxia protagonizada por Amancio Amigo. Trátase dun rapaz do Courel que marcha estudar a Salamanca. Alí convertirase en estudante de maxia e terá que superar unha serie de probas que ninguén foi capaz de pasar."

- Mozos-as e Adultos-as:

"Atlas de una añoranza imposible", de Anuradha Roy
Salamandra
"Entrañable e evocadora novela que nos presenta as costumes e tradicións da India de principios do século XX, así como os problemas que houbo antes da separación entre a India e Pakistán, xunto cunha fermosa historia de amor."

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/10/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 9 de outubro:

- Infantil e Xuvenil (menores de 8 anos):
Mifi axuda na casa, de Dick Bruna
Factoría K
"É un libro para os máis cativos baseado nas ilustracións. Está editado en papel groso para manexalo dun xeito práctico. O obxectivo dos textos é socializar aos nenos e implicalos no traballo diario da casa. Desde o punto de vista pedagóxico procura unha educación non sexista."

- Mozos-as e Adultos-as:
Ciudad de ladrones, de David Benioff
Seix Barral
"Partindo das lembranzas do seu avó ruso na II Guerra Mundial, Benioff escribe unha historia arredor do sitio de Leningrado polo exército alemán. As dúas personaxes principais son novas: un rapaz detido por roubo e un soldado acusado de deserción."
Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/10/09

Tertulias Literarias: Pre-inscrición

Ábrese a pre-inscrición nas Tertulias Literarias da Biblioteca Central Rialeda
e da Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
A participación está condicionada ás vacantes que se produzan nos grupos xa existentes.
Máis información nos teléfonos:
981 639 511 (Rialeda)
981 626 338 (Santa Cruz)

2/10/09

Biblioteca Central Rialeda - Novidades DVD Cine

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 2 de outubro:

- Infantil e Xuvenil (a partir de 8 anos):
"Violeta non é violeta" de Xosé A. Neira Cruz ; ilustrado por Judit Morales
McMillan
"Fermosa obra que nos fala dos temores e preocupacións infantís ante a chegada dun irmán."

- Mozos-as e Adultos-as:
"A praia dos afogados" de Domingo Villar
Galaxia
"Novela policial que parte dun estarrecedor suceso: nunha praia de Panxón aparece o cadáver dun home coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños cren que foi un suicidio, pero o forense pensa que este caso non é un suicidio e que tampouco morreu pescando. Un novo caso para o inspector Leo Caldas."
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/9/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 25 de setembro:

Xuvenil:
"Desencuentros" de Jimmy Liao
Barbara Fiore Editora
"Historia gráfica sobre dúas persoas que se gustan, comparten os mismos espacios e viven na mesma veciñanza pero nunca coinciden"


Mozos-as e Adultos-as:
"El corazón es un cazador solitario" de Carson McCullers
Seix Barral
"Anos 30. Sur deprimido dos Estados Unidos. Unha serie de personaxes singulares gravitan en torno á figura do xordomudo John Singer, que fai de receptor dos relatos e desgracias de todos eles."

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/9/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 18 de setembro:

Infantil (6 a 8 anos):
"Secreto de familia", de Isol, editado polo Fondo de Cultura Económica.
"Historia en clave de humor sobre unha nena que unha mañá se levanta máis cedo do que acostuma e descobre que a súa nai, a primeira hora da mañá, convértese nun porco espiño. ¡Que problemón!"

Mozos-as e Adultos-as:
"Las mejores intenciones" de Ingmar Bergman, editado por Tusquets.
"Historia de amor e desamor entre o xoven Henrik Bergman, estudiante de teoloxia, e Anna Akerblon, moza de familia acomodada, na Suecia de principios de século."

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.



11/9/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 11 de setembro:
Xuvenil (máis de 12 anos):
"La llave del tiempo: la torre y la isla", de Ana Alonso e Javier Pelegrín, editado por Anaya
"2121. Catro adolescentes únicos no mundo, debido ao seu sistema inmunitario, son seleccionados por un monopolio farmaceútico, a Corporación Dédalo, para contribuir ao progreso da Ciencia e á loita contra as enfermidades, e invitados a pasar dez anos nunha paradisíaca illa que a Corporación posúe nos confíns do mundo."

Mozos-as e Adultos-as:
"María y yo", de Miguel Gallardo, editado por Astiberri.
"Historia gráfica donde a protagonista é María, unha nena autista"

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.