27/3/26

Recomendacións en RadiOleiros: 27 marzo 2026

El 37 de la Calle Mayor de Lali MiróRecomendacións en RadiOleiros: 27 marzo 2026- Infantil (a partir de 4 anos): 
El 37 de la Calle Mayor de Lali Miró. En Destino.
Dispoñible en eBiblio
Nel é un rato que vive nunha cidade e observa que hai unha casa coas xanelas sempre pechadas. Un texto arredor dos pequenos detalles que fan do mundo un lugar mellor.


- Mocidade e público adulto:
As Escolas do Insiño Galego, edición e textos RDO Cultural, Carmen Martín, Segundo Saavedra. Editado pola Deputación da Coruña.
A experiencia pedagóxico-social dos anos vinte nada das Irmandades da Fala contada con documentos e un amplo material gráfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario